Ángel Zabala Ozamiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel Zabala Ozamiz
AlcumeKondaño
Nacemento27 de maio de 1866
 Gautegiz Arteaga
Falecemento1940
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ángel Zabala Ozamiz "Kondaño", nado en Gautegiz Arteaga o 27 de maio de 1866 e finado en Madrid, 1940, foi un político de ideoloxía nacionalista vasca e dirixente e Deputado provincial de Biscaia do Partido Nacionalista Vasco (PNV)

Biografía[editar | editar a fonte]

Ángel Zabala naceu en Gautegiz Arteaga o 27 de maio de 1866. A súa familia residía en Gernika, onde a compañía naal do seu pai tiña as súas oficinas. Estudou no Colexio das Xesuítas de Orduña, onde seguramente coincidiu cos irmáns Sabino e Luis Arana. Despois, cursou a carreira de Dereito, licenciándose en Salamanca. Foi un dos primeiros membros do Partido Nacionalista Vasco, participando na súa fundación en 1895. Un ano máis tarde resultou elixido ademais para formar parte do seu BBB. A partir de 1897 comezou a colaborar na prensa nacionalista vasca, preferentemente sobre temas relacionados coa historia e o dereito. A finais de 1898, foi encarcerado, pasando un mes na prisión de Larrinaga, por dar unha ikurriña a uns albaneis para que coroasen unha construción en Arteaga. En 1902, estando preso Sabino Arana no mesmo cárcere, delegou temporalmente as súas funcións como presidente do BBB en Zabala. Este resulto elixido ós anos seguinte, xunto a Pedro Chalbaud, deputado provincial de Biscaia polo PNV.

Presidente do PNV[editar | editar a fonte]

En setembro, estando xa moi avanzada a súa enfermidade, Sabino Arana delegou nel definitivamente, polo que á súa morte, o 25 de novembro de 1903, Ángel Zabala era o seu principal dirixente. Nesta difícil situación, Zabala reorganizou a estrutura interna do PNV para que fose máis acorde coa dun partido moderno que a existente até entón. Cumprido este labor dimitiu, retirándose da vida política activa.

Fin de vida política e morte[editar | editar a fonte]

Dende entón dedicouse ó estudo da historia de Biscaia, aínda que continuou sendo un importante referente para todos os nacionalistas vascos até a súa morte, que tivo lugar en Madrid en 1940.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Historia de Bizcaya. 1793 - 1807, Bilbao, 1909
  • Historia de Bermeo. Tomo I, Bermeo, 1928. Tomo II, Bermeo, 1931.


Predecesor:
Sabino Arana
 Flag of the Basque Country.svg
2º Presidente do Euskadi Buru Batzar
 
19031906
Sucesor:
Santiago Alda, Alipio Larrauri, Antonio Arroyo, Vicente Larrinaga e Eduardo Arriaga

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]