The Incredibles: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 20: | Liña 20: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://movies.disney.com/the-incredibles Páxina web oficial] {{en}} |
* [http://movies.disney.com/the-incredibles Páxina web oficial] {{en}} |
||
* {{IMDb|0317705}} |
* {{IMDb título|0317705}} |
||
{{Pixar}} |
{{Pixar}} |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
{{ORDENAR:Incredibles, The}} |
{{ORDENAR:Incredibles, The}} |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
[[Categoría:Cine 2004]] |
[[Categoría:Cine 2004]] |
||
[[Categoría:Cine en lingua inglesa]] |
[[Categoría:Cine en lingua inglesa]] |
||
[[Categoría:Filmes de |
[[Categoría:Filmes de Pixar]] |
||
[[Categoría:Filmes dirixidos por Brad Bird]] |
[[Categoría:Filmes dirixidos por Brad Bird]] |
||
⚫ | |||
⚫ |
Revisión como estaba o 27 de maio de 2015 ás 09:32
The Incredibles (Os Increíbles) é o sexto filme de animación de Pixar Animation Studios, gañador na súa categoría dos Premios Oscar, e o primeiro cun reparto enteiramente composto por personaxes humanos, estreado nos Estados Unidos o 5 de novembro de 2004 e en España o 26 do mesmo mes do mesmo ano.
O filme foi escrito e dirixido por Brad Bird, antigo director de capítulos de The Simpsons e máis coñecido por ser responsable da dirección do filme de animación The Iron Giant. Inicialmente foi concibida como un filme de animación convencional para a compañía Warner Bros pero esta clausurou a súa división de animación. Brad Bird foi contratado daquela por Pixar para desenvolver alí o proxecto.
Argumento
A historia comeza con tres superheroes, Mr. Incredible (Bob Parr), a superheroina Elastigirl (Helen Parr) e Frozone (Lucius Best) nos seus días de gloria, salvando ó mundo ata que Mr. Incredible foi demandado por unha persoa que o salvou. Isto provocou unha vaga de accións legais contra todos os superheroes, que foron mandados a un retiro forzado polos próximos 15 anos.
Bob Parr agora ten un emprego rutineiro e aburrido cun xefe insoportable. Bob traballa para manter a súa encantadora familia, composta pola súa dona Helen (Elastigirl) e os seus tres fillos Jack-Jack, Violet, e Dash.
Furioso co seu traballo e co xefe, golpéao, acción que fai que quede sen emprego. É nese momento cando Bob recibe unha proposta para traballar de superheroe, por parte dunha misteriosa e sedutora muller chamada Mirage. Non dubida en aceptar a súa oferta, pero non imaxina que se trata dunha trampa preparada polo malvado Syndrome (Síndrome), un antigo ex admirador de Mr. Incredible, que quixo ser o seu axudante, só véndose rexeitado por el, e despois diso, esta en busca de vinganza. Por fortuna a súa familia acode na súa axuda e xuntos tratarán de impedir que Syndrome faga realidade o seu malvado plan.
Premios
O filme gañou os premios Oscar da academia de cine norteamericana ó mellor filme de animación e mellor edición de son do ano 2004.
Ademais, recibiu excelentes críticas e foi galardoada noutros moitos certames recibindo multitude de premios premios e nominacións.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en inglés)
- The Incredibles na IMDb (en inglés).