Daniel Radcliffe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
engado categoría
Liña 106: Liña 106:


[[Categoría:Actores de Inglaterra]]
[[Categoría:Actores de Inglaterra]]
[[Categoría:Actores infantís de Inglaterra]]
[[Categoría:Nados en 1989]]
[[Categoría:Nados en 1989]]
[[Categoría:Nados en Hammersmith e Fulham]]
[[Categoría:Nados en Hammersmith e Fulham]]

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2015 ás 19:21

Modelo:Actor Daniel Jacob Radcliffe, nado en Fulham (Londres) o 23 de xullo de 1989 é un actor inglés, coñecido por interpretar ó personaxe protagonista da saga Harry Potter, baseada nas novelas da escritora J. K. Rowling, cuxos libros se converteron nun grande éxito mundial.

Biografía

Desde moi cativo quixo ser actor e debutou en 1999 dando vida a David Copperfield na película homónima para televisión. En 2001 interpretou un pequeno papel en The Tailor of Panama, no papel de fillo de Geoffrey Rush e Jamie Lee Curtis.

Durante esa rodaxe, a súa nai na ficción soubo da preprodución de Harry Potter e a pedra filosofal e animou a Radcliffe a presentarse ás audicións. Os seus pais pensaron que sería un proceso demasiado duro e frustrante en caso de fracasar, así que non lle deixaron facelo. Malia isto, os guionistas da película, que coñecían ó pai, vírono no patio de butacas durante a representación dunha obra de teatro. No descanso achegáronse a falar co neno e cos pais, e insistiron en que se presentara ás audicións. Finalmente acudiu e foi escollido.

Desde aquela interpretou a Harry James Potter en todas as películas da saga, recibindo varios premios e nomeamentos polo seu traballo.

Filmografía

Cine

Ano Título Papel Notas
2001 The Tailor of Panama Mark Pendel
Harry Potter e a pedra filosofal Harry Potter
2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos
2004 Harry Potter e o preso de Azkaban
2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix
December Boys Maps
2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Harry Potter
2010 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1
2011 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 2
2012 The Woman in Black Arthur Kipps
2013 Kill Your Darlings Allen Ginsberg

Teatro

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas