Coca-Cola: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
}} |
}} |
||
[[Ficheiro:Coca-Cola.JPG|miniatura|dereita|]] |
[[Ficheiro:Coca-Cola.JPG|miniatura|dereita|]] |
||
'''Coca-Cola''' é a marca rexistrada en [[1886]], nos [[Estados Unidos de América]], dunha [[bebida de cola ]] gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en [[1960]]. |
'''Coca-Cola''' é a marca rexistrada en [[1886]], nos [[Estados Unidos de América]], dunha [[bebida de cola ]] gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en [[1960]]. Nos países anglosaxóns recibe a denominación popular de ''Coke''. |
||
== Historia e características == |
== Historia e características == |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de ''Coca-Cola, l'enquête interdite'', ''Coca-Cola, a enquisa prohibida'') pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro. |

En realidade, non é máis que un puro segredo de [[marketing]], pois os químicos |
En realidade, non é máis que un puro segredo de [[marketing]], pois os químicos hai xa tempo que analizaron con precisión a fórmula da Coca-Cola. |
||
O seu particular sabor procede da mestura de [[azucre]] e de esencias de [[laranxa (froita)|laranxa]], [[limón]] e [[vainilla]]. Outros ingredientes, como o [[ácido fosfórico]], terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a [[auga]]. Como esta ten diferente gusto segundo rexións e países, de aí que o sabor da Coca-Cola varíe segundo zonas. |

Liña 47: | Liña 47: | ||
=== Logotipo e envase === |
=== Logotipo e envase === |
||
[[Ficheiro:Coca-Cola logo.svg|miniatura|dereita|Logo da Coca-Cola.]] |
[[Ficheiro:Coca-Cola logo.svg|miniatura|dereita|Logo da Coca-Cola.]] |
||
O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, [[Frank Mason Robinson]], en [[1885]]. Foi Robinson |
O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, [[Frank Mason Robinson]], en [[1885]]. Foi Robinson quen ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo ''Spencer'', foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período. |
||
A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "''contour bottle''" dentro da compañía, foi creada en [[1915]] polo deseñador de botellas [[Earl R. Dean]]. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...''unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada''...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun [[coco]] con forma de [[cabaza]] que ollaron na [[Encyclopedia Britannica]], e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en [[1916]], e, en [[1920]], era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo. |

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2014 ás 21:18
Coca-Cola é a marca rexistrada en 1886, nos Estados Unidos de América, dunha bebida de cola gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en 1960. Nos países anglosaxóns recibe a denominación popular de Coke.
Historia e características
O nome procede de ingredientes da súa composición inicial: a folla de coca e a noz de cola; a bebida era por entón vendida polo seu inventor, o doutor John Stith Pemberton, como un remedio milagreiro (o envase era diferente do actual).
Os seus principais competidores actuais no mercado mundial son: Pepsi-Cola e Virgin Cola, ambas as dúas tamén bebidas de cola. Fabrícanse outras colas sobre a base da receita OpenCola, con licenza GPL. Hai tamén as altercolas.
A sede central de The Coca-Cola Company está en Atlanta, Xeorxia, nos Estados Unidos.
Composición da Coca-Cola
A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de Coca-Cola, l'enquête interdite, Coca-Cola, a enquisa prohibida) pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.
En realidade, non é máis que un puro segredo de marketing, pois os químicos hai xa tempo que analizaron con precisión a fórmula da Coca-Cola.
O seu particular sabor procede da mestura de azucre e de esencias de laranxa, limón e vainilla. Outros ingredientes, como o ácido fosfórico, terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a auga. Como esta ten diferente gusto segundo rexións e países, de aí que o sabor da Coca-Cola varíe segundo zonas.
O efecto estimulante orixinario era producido pola cocaína, contida nas follas de coca, e pola cafeína das noces de cola. En 1906, a Coca-Cola, vendida como un tónico cerebral, estaba case desprovista de cocaína (un 1/400 de grao por cada onza de xarope); esta proporción mantívose ata 1929. A tecnoloxía suprimiu todo o contido de cocaína e a cafeína subsiste nunha taxa reducida para que a bebida conserve a súa faceta estimulante.
A compañía Coca-Cola é o maior consumidor mundial de extracto de vainilla natural. Así que cando, en 1984, para a "New Coke", foi utilizada unha nova fórmula, a economía de Madagascar derrumbouse, pois pasouse a utilizar un substitutivo sintético, a vainilina, baixando as compras de vainilla á metade. Por contra, o recente lanzamento dunha nova fórmula con vainilla, fixo subir os prezos dese produto.
Logotipo e envase
O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, Frank Mason Robinson, en 1885. Foi Robinson quen ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo Spencer, foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.
A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "contour bottle" dentro da compañía, foi creada en 1915 polo deseñador de botellas Earl R. Dean. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun coco con forma de cabaza que ollaron na Encyclopedia Britannica, e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en 1916, e, en 1920, era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.
Coca-Cola en Galiza
- Artigo principal: Begano.
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, Sprite, Fanta, Nordic Mist, Schuss, Nestea, Aquarius, Powerade, Burn, Minute Maid, Aquabona e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente Begano está a traballar para trasladar a fábrica ao concello de Oza-Cesuras[1].
Notas
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coca-Cola |