Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1: Liña 1:
'''Xosé Velo Mosquera''', nado en [[Celanova]] o [[21 de abril]] de [[1916]] e finado en [[San Paulo]] o [[31 de xaneiro]] de [[1972]], foi un político independentista [[Galiza|galego]], tamén coñecido polo sobrenome de '''Carlos Xunqueira de Ambía'''.
'''Xosé Velo Mosquera''', nado en [[Celanova]] o [[21 de abril]] de [[1916]] e finado en [[São Paulo]] o [[31 de xaneiro]] de [[1972]], foi un político independentista [[Galiza|galego]], tamén coñecido polo sobrenome de '''Carlos Xunqueira de Ambía'''.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Liña 9: Liña 9:
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no [[Primeiro Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no [[Primeiro Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].


Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]] e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' entre o [[22 de xaneiro]] e o [[4 de febreiro]] de [[1961]], que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]], logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de [[San Paulo]].
Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]] e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' entre o [[22 de xaneiro]] e o [[4 de febreiro]] de [[1961]], que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]], logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de [[São Paulo]].


En 1962 estableceu en San Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.
En 1962 estableceu en San Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.

Revisión como estaba o 30 de maio de 2014 ás 15:36

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o 24 de abril casa con Jovita Pérez González.

Tralo Alzamento Nacional de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á Guinea Española, volveu ao remate da Guerra civil española e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948, ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Sudamérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María entre o 22 de xaneiro e o 4 de febreiro de 1961, que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica, logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de São Paulo.

En 1962 estableceu en San Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.