Pequena Polonia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m Alan ffm moveu a páxina "Pequena Polonia" a "Voivodato da Pequena Polonia"
m Norrin strange moveu a páxina "Voivodato da Pequena Polonia" a "Pequena Polonia" sobre unha redirección: reverter
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de maio de 2014 ás 10:22

Modelo:Primeira entidade subestatal

O Voivodato da Pequena Polonia (en polaco: Małopolska, pronunciese: "mauopolska") é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998.

Fisiografía

A Małopolska (Pequena Polonia) sitúase no sueste do actual territorio polaco, abranguendo practicamente toda a alta conca do Vístula. A diferenza da maior parte do territorio polaco, a Pequena Polonia presenta importantes altitudes no seu sector meridional (onde fai fronteira con Eslovaquia a través do sector dos Cárpatos chamado montes Beskides); a máxima elevación atópase no Tatra (2499 m).

Fóra da rexión carpática, a maior parte da Pequena Polonia é unha penichaira bastante ondulada e, orixinalmente, recuberta de densos bosques de faias, bidueiros e abetos. Así e todo, gran parte destes bosques foron desmontados para dedicar o territorio á agricultura de cereais (centeo, cebada e trigo, así como ao cultivo da pataca).

Xeografía histórica

No alto medioevo o territorio da actual Pequena Polonia estaba englobado no da Chrobatia.

Co fortalecemento do poder polaco, a rexión pasou a ser practicamente o núcleo de poder de Polonia ao ser a principal cidade do reino a cidade de Cracovia.

No século XVIII tras as Reparticións de Polonia entre Austria, Prusia e Rusia, a Pequena Polonia foi un dos territorios que ficaron baixo o control do Imperio Austríaco.

O sector oriental da actual Pequena Polonia pertenceu até aproximadamente 1920 á rexión de Galitzia, o sector occidental é a Pequena Polonia propiamente dita e alí atópase a antiga capital histórica de Polonia, a cidade de Cracovia (en polaco Kraków).

Principais cidades

Véxase tamén

Outros artigos