Saltar ao contido

Río Vístula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vístula»)
Modelo:Xeografía físicaRío Vístula
(pl) Wisła Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío
río principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaPolonia Editar o valor en Wikidata
División administrativaVoivodato da Pequena Polonia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBarania Góra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Localizaciónbaía de Gdańsk Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°36′21″N 19°00′13″L / 49.6058, 19.0036
54°21′42″N 18°57′07″L / 54.3617, 18.9519
Composto por
Afluentes
113
Conca hidrográficaconca fluvial do Vístula Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.047 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica198.500 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal1.080 m³/s Editar o valor en Wikidata

O Vístula (en polaco : Wisła, en alemán: Weichsel) é o principal río de Polonia con 1.047 km de curso.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Vístula ten a súa fonte nos montes Beskides occidentais na Alta Silesia, a 1.106 msnm. Percorre todo o seu curso a través de Polonia antes de desaugar no Mar Báltico preto de Gdańsk. O seu caudal medio anual na desembocadura é de 1.054 m³/s.

O percorrido do río consta de tres seccións:

  • O curso superior, desde o nacemento até Sandomierz, onde recibe ao San, afluente pola beira dereita.
  • O curso medio, desde Sandomierz á confluencia co Bug, acrecentado polo Narew, importantes afluentes da beira dereita.
  • O curso inferior, desde a unión co Bug até a foz en delta na baía de Gdańsk.

O delta do Vístula sufriu importantes modificacións no seu trazado ao longo de tempos históricos.

A conca hidrográfica do Vístula esténdese na parte oriental do país nunha área de 194.424 km², o que representa máis do 60% de toda a superficie de Polonia (case o resto do territorio é drenado polo río Oder ou Odra en polaco). A altitude media da conca é de 270 msnm, localizándose a maior altura nos montes Tatra, a 2.663 metros. Porén o 55% da superficie está situada en elevacións comprendidas entre 100 e 200 m, e aínda o 75% entre 100 e 300 m. É unha conca moi disimétrica, pois na súa maior parte se estende cara oriente do río principal.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Hidroloxía

[editar | editar a fonte]

O aspecto aplanado da conca explica, en parte, que o Vístula fose a orixe de cheas catastróficas, coma por exemplo as rexistradas en 1813, 1888, 1934, 1960.

Principais cidades ás beiras

[editar | editar a fonte]

De sur a norte o Vístula atravesa varias cidades das que destacan: