Staphylococcus epidermidis: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 24: | Liña 24: | ||
== Morfoloxía celular e bioquímica == |
== Morfoloxía celular e bioquímica == |
||
''S. epidermidis'' é un microorganismo moi resistente, con células con forma de [[coco ( |
''S. epidermidis'' é un microorganismo moi resistente, con células con forma de [[coco (bacteria)|coco]] non motís e [[Gram positiva]]s, que forman agrupacións con forma de acio. É unha das especies de cocos que forman parte da clase [[Bacilli]] (a cal contén [[bacilo]]s e cocos). Forma colonias brancas, elevadas, cohesivas de aproximadamente 1–2 milímetros de diámetro despois de deixalas incubando dun día para outro, e non é [[hemólise (microbioloxía)|hemolítico]] en [[ágar sangue]].<ref name="Salyers" /> But the regular size/diameter of S. epidermis is approximately 0.5 to 1.5 micrometers. |
||
É un organismo [[catalase]] positivo,<ref name=Todar>{{cite web| url=http://textbookofbacteriology.net/staph.html | title=Todar's Online Textbook of Bacteriology: Staphylococcus aureus and Staphylococcal Disease | publisher=Kenneth Todar, PhD| accessdate=Dec 7, 2013}}</ref> e [[coagulase]] negativo, [[anaerobio facultativo]] que pode crecer utilizando a [[respiración aerobia]] ou a [[fermentación]]. Algunhas cepas poden non fermentar.<ref>{{cite web | url=http://www.ebi.ac.uk/2can/genomes/bacteria/Staphylococcus_epidermidis.html | title=Bacteria Genomes - STAPHYLOCOCCUS EPIDERMIDIS | publisher=EMBL-EBI. | work=Karyn's Genomes. | accessdate=December 23, 2011}}</ref> |
É un organismo [[catalase]] positivo,<ref name=Todar>{{cite web| url=http://textbookofbacteriology.net/staph.html | title=Todar's Online Textbook of Bacteriology: Staphylococcus aureus and Staphylococcal Disease | publisher=Kenneth Todar, PhD| accessdate=Dec 7, 2013}}</ref> e [[coagulase]] negativo, [[anaerobio facultativo]] que pode crecer utilizando a [[respiración aerobia]] ou a [[fermentación]]. Algunhas cepas poden non fermentar.<ref>{{cite web | url=http://www.ebi.ac.uk/2can/genomes/bacteria/Staphylococcus_epidermidis.html | title=Bacteria Genomes - STAPHYLOCOCCUS EPIDERMIDIS | publisher=EMBL-EBI. | work=Karyn's Genomes. | accessdate=December 23, 2011}}</ref> |
||
Revisión como estaba o 21 de marzo de 2014 ás 12:38
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Staphylococcus epidermidis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de microscopio electrónico de varrido de S. epidermidis. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Staphylococcus epidermidis' (Winslow & Winslow 1908) Evans 1916 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Staphylococcus albus Rosenbach 1884 |
Staphylococcus epidermidis é unha especie bacteriana Gram positiva, unha das arredor de 40 especies pertencentes ao xénero Staphylococcus.[1] Forma parte da flora bacteriana humana normal, normalmente da flora da pel, e máis raramente da flora das mucosas.[2] Aínda que S. epidermidis xeralmente non é patoxénica, as persoas con sistemas inmunitarios inmunocomprometidos están en risco de desenvolver a infección. Estas infeccións adquírense xeralmente en hospitais (infeccións nosocomiais).[3] S. epidermidis é especialmente perigosa para as persoas ás que se lle aplican catéteres ou outros implantes cirúrxicos porque forma biopelículas que crecen sobre estes dispositvos.[4] Como forma parte da flora normal da pel, S. epidermidis é un contaminante frecuente en mostras que se envían para os diagnósticos de laboratorio.[5]
Descubrimento
Esta especie foi distinguida por Friedrich Julius Rosenbach de Staphylococcus aureus en 1884, e inicialmente deulle o nome de S. albus.[6] Elixiu os nomes aureus e albus para estas dúas especies porque formaban, respectivamente, colonias de cor amarela e branca. Posteriormente o nome cambiouse a epidermidis.
Morfoloxía celular e bioquímica
S. epidermidis é un microorganismo moi resistente, con células con forma de coco non motís e Gram positivas, que forman agrupacións con forma de acio. É unha das especies de cocos que forman parte da clase Bacilli (a cal contén bacilos e cocos). Forma colonias brancas, elevadas, cohesivas de aproximadamente 1–2 milímetros de diámetro despois de deixalas incubando dun día para outro, e non é hemolítico en ágar sangue.[4] But the regular size/diameter of S. epidermis is approximately 0.5 to 1.5 micrometers. É un organismo catalase positivo,[7] e coagulase negativo, anaerobio facultativo que pode crecer utilizando a respiración aerobia ou a fermentación. Algunhas cepas poden non fermentar.[8]
As probas bioquímicas indican que este midroorganismo tamén leva a cabo unha reacción debilmente positiva na proba da nitrato redutase. É positiva para a produción de urease, é oxidase negativa, e pode utilizar glicosa, sacarosa, e lactosa para formar produtos ácidos. En presenza de lactosa, tamén producirá gas. S. epidermidis non posúe o encima xelatinase, polo que non pode hidrolizar a xelatina. É sensible á novobiocina, que pode utilizarse como un importante test para distinguila de Staphylococcus saprophyticus, o cal é coagulase negativo tamén, pero resistente á novobiocina.[3]
A parede celular de S. epidermidis, igual que a de S. aureus ten unha proteína de unión á transferrina que a bacteria utiliza para obter ferro a partir de transferrina. Crese que os tetrámeros dunha proteína exposta na superficie chamada gliceraldehide-3-fosfato deshidroxenase se unen á transferrina e retíranlle o seu ferro. Os pasos seguintes son a transferencia do ferro a lipoproteínas de superficie, e despois a proteínas de transporte, que transportan o ferro ao interior da célula.[4]
Virulencia e resistencia a antibióticos
A capacidade de formar biopelículas en dispositivos plásticos é un factor de virulencia importante de S. epidermidis. Unha causa probable é que as proteínas de superficie se unen ás proteínas da matriz extracelular e do sangue. S. epidermidis produce un material polisacarídico extracelular chamado de adhesión intercelular polisacárida (PIA, polysaccharide intercellular adhesion), que está feito de polisacáridos, e que permite que outras bacterias se adhiran á biopelícula xa existente, creando unha biopelícula de multicapas. A actividade metabólica das bacterias que viven nestas biopelículas diminúe. Este metabolismo diminuído, en combinación con antibióticos que alteran a difusión, fai maís difícil que os antibióticos poidan eliminar efectivamente este tipo de infección.[4] As cepas de S. epidermidis son a miúdo resistentes aos antibióticos, como á penicilina, amoxicilina, e meticilina. Os organismos resistentes atópanse con máis frecuencia no intestino, pero os organismos que viven libremente na pel poden tamén converterse en resistentes debido a unha exposición de rotina a antibióticos segregados na suor.
Enfermidades
Como xa se indicou, S. epidermidis forma biopelículas sobre dispositivos plásticos inseridos no corpo.[9] This occurs most commonly on intravenous catheters and on medical prostheses.[10] A infección por esta bacteria pode tamén producirse en pacientes de diálise ou naqueles nos que o dispositivo plástico implantado estivese contaminado coa bacteria. Outra doenza que pode causar é a endocardite, xeralmente en pacientes con válvulas cardíacas defectuosas. Nalgúns casos pode producirse sepse en pacientes hospiotalizados.
Os antibióticos son pouco efectivos para eliminar as biopelículas. O tratamento máis común para estas infeccións é retirar ou substituír o implante infectado, aínda que o mellor é a prevención.
Algunhas investigacións preliminares indican que S. epidermidis se encontra sempre dentro dos poros da pel afectados de acne, mentres que se cre que nos folículos sans Propionibacterium acnes é normalmente o único residente.[11]
Identificación
O método normal para a identificación de S. epidermidis é utilizar o ágar de Baird-Parker cun suplemento de xema de ovo. As colonias que se forman son pequenas e negras. Poden confirmarse usando a proba da coagulase. Empréganse cada vez máis, técnicas como a PCR cuantitativa para a detección e identificación rápida de cepas de Staphylococcus.[12][13] Normalmente, a sensibilidade á desferrioxamina pode usarse tamén para distinguila da maioría dos outros estafilococos, agás no caso de Staphylococcus hominis, que tamén é sensible. Nese caso, a produción de ácido a partir da trehalosa que pode facer S. hominis serve para distinguir as dúas especies.
Notas
- ↑ Schleifer, K. H.; Kloos, W. E. (1975). "Isolation and Characterization of Staphylococci from Human Skin I. Amended Descriptions of Staphylococcus epidermidis and Staphylococcus saprophyticus and Descriptions of Three New Species: Staphylococcus cohnii, Staphylococcus haemolyticus, and Staphylococcus xylosus". International Journal of Systematic Bacteriology 25 (1): 50–61. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-25-1-50.
- ↑ Fey, P. D.; Olson, M. E. (2010). "Current concepts in biofilm formation of Staphylococcus epidermidis". Future Microbiology 5 (6): 917–933. doi:10.2217/fmb.10.56.
- ↑ 3,0 3,1 Levinson, W. (2010). Review of Medical Microbiology and Immunology (11th ed.). pp. 94–99.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Salyers, Abigail A. and Whitt, Dixie D. (2002). Bacterial Pathogenesis: A Molecular Approach, 2nd ed. Washington, D.C.: ASM Press. ISBN 1-55581-171-X.
- ↑ Queck SY and Otto M (2008). "Staphylococcus epidermidis and other Coagulase-Negative Staphylococci". Staphylococcus: Molecular Genetics. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-29-5.
- ↑ WhoNamedIt Friedrich Julius Rosenbach
- ↑ "Todar's Online Textbook of Bacteriology: Staphylococcus aureus and Staphylococcal Disease". Kenneth Todar, PhD. Consultado o Dec 7, 2013.
- ↑ "Bacteria Genomes - STAPHYLOCOCCUS EPIDERMIDIS". Karyn's Genomes. EMBL-EBI. Consultado o December 23, 2011.
- ↑ Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
- ↑ Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
- ↑ Bek-Thomson, M.; et al. (2008). "Acne is Not Associated with Yet-Uncultured Bacteria". Journal of Clinical Microbiology 46 (10): 3355–3360. PMC 2566126. PMID 18716234. doi:10.1128/JCM.00799-08.
- ↑ Francois P and Schrenzel J (2008). "Rapid Diagnosis and Typing of Staphylococcus aureus". Staphylococcus: Molecular Genetics. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-29-5.
- ↑ Mackay IM (editor). (2007). Real-Time PCR in Microbiology: From Diagnosis to Characterization. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-18-9 .