Manfred Gnädinger: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Fix URL prefix
Liña 35: Liña 35:
*[http://usuarios.lycos.es/mancamelle/MAN.htm Homenaxe a Man], completa páxina na súa memoria.
*[http://usuarios.lycos.es/mancamelle/MAN.htm Homenaxe a Man], completa páxina na súa memoria.
*[http://www.youtube.com/watch?v=TSHL4VEOEqI Vídeo], con datos biográficos e fotografías de Man.
*[http://www.youtube.com/watch?v=TSHL4VEOEqI Vídeo], con datos biográficos e fotografías de Man.
*[http://http://www.youtube.com/watch?v=a39fdhGJrsg Vídeo], datos e imaxes da vida do escultor, crónica dun viaxeiro que o visitou no seu museo.
*[http://www.youtube.com/watch?v=a39fdhGJrsg Vídeo], datos e imaxes da vida do escultor, crónica dun viaxeiro que o visitou no seu museo.
{{ORDENAR:Gnadinger,Manfred}}
{{ORDENAR:Gnadinger,Manfred}}
[[Categoría:Personalidades de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia]]

Revisión como estaba o 24 de abril de 2013 ás 19:28

'Man' en xullo de 1998.

Manfred Gnädinger, coñecido como Man ou O alemán de Camelle, nado en Dresde en 1940 e falecido en Camelle o 28 de decembro de 2002, foi un pintor e escultor ermitán de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle,pertencente ó término municipal de Camariñas,na costa da Morte en Galicia. Tratou de levar unha vida do máis sinxela e natural, creando unha peculiar paisaxe de pedra perto da praia onde vivía e coidando o seu pequeno xardín.

Biografía

Nace e pasa a súa infancia en Alemaña, procedente dunha familia de sete irmáns, estudou artes en Italia. Impartiu clases de arte en Suiza a persoas con problemas de integración social. O seu interese pola preservación do medio ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega levárono á Costa da Morte. En maio de 1961 chegou a Camelle, inmerso nas festas patronais do Espírito Santo. Dende ese día ese alemán solitario, educado e de bó aspecto, con certo aire de turista acomodado, instalouse para sempre no pobo.

Durante o accidente do Prestige en novembro de 2002, a mancha de petróleo danou as súas esculturas. Dise que o Alemán deixouse morrer de melancolía e tristeza.

O 9 de novembro de 2010, un temporal levouse o que quedaba da súa obra.[1]

Traxectoria

O escultor

En tanto como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal.

A posteridade

Man chegou á costa galega en 1961. Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.

Na súa memoria foi creado en Camariñas o Museo do Alemán, actualmente se atopa en estado de abandono [2].

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Xoán Abeleira (2006). A pegada de Man. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-464-4. 
  • Cequera Bernardo: Manfred, o alemán de Camelle. Documental 60 minutos 2008

Ligazóns externas

  • Man, curtametraxe de animación de Juan Carlos Abraldes, Luís Fernández Santiago e Luís Faraón, en Flocos.tv (2006, duración 8:30).
  • Homenaxe a Man, completa páxina na súa memoria.
  • Vídeo, con datos biográficos e fotografías de Man.
  • Vídeo, datos e imaxes da vida do escultor, crónica dun viaxeiro que o visitou no seu museo.