Sipúnculos: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Tronco (anatomía) |
m Bot: Engado: ceb:Ulod nga bituon |
||
Liña 78: | Liña 78: | ||
[[bg:Сипункулиди]] |
[[bg:Сипункулиди]] |
||
[[ca:Sipúncul]] |
[[ca:Sipúncul]] |
||
[[ceb:Ulod nga bituon]] |
|||
[[cs:Sumýšovci]] |
[[cs:Sumýšovci]] |
||
[[de:Spritzwürmer]] |
[[de:Spritzwürmer]] |
Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2013 ás 07:44
Sipunculidos | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sipuncula | ||||||||
Clasificación científica | ||||||||
| ||||||||
Clases, Ordes e Familias | ||||||||
|
Os Sipuncúlidos (Sipuncula ou pequeno tubo) son un grupo animais mariños que presentan simetría bilateral, son protóstomos, celomados non segmentados e sedentarios. Posúen unha forma alongada na que se diferencian dúas partes: a trompa e o tronco.
Adoitan vivir enterrados na area ou na lama, ou ben ocupan calquera espazo no que colla o seu corpo como unha fendedura dunha rocha, un tubo ou unha cuncha doutro animal.
Estes animais, aínda que non son moi abundantes, están moi estendidos: dende mares cálidos a polares, dende zonas superficiais a abisais, e actualmente coñécense unhas 320 especies [1]. O seu tamaño oscila entre os 2 mm e os 50 cm.
Características
As principais características deste Filo son as seguintes:
- Son animais protóstomos, celomados, pero sen segmentación e con simetría bilateral.
- O corpo presenta dúas partes: a trompa ou introverto, na que está a boca e o tronco que e máis longo e groso e no que están a maioría dos órganos internos.
- Dous nefridios de tipo mixonefridio, con nefrostoma e nefridióporo. Son animais amoniotélicos xa que expulsan a maior parte dos residuos en forma de amoníaco.
- Posúen un sistema nervioso semellante ao dos anélidos, con un cerebro dorsal e un anel nervioso periesofaxico, e un cordón nervioso ventral.
- Os órganos dos sentidos son múltiples e variados: teñen células neurosensoriais nos tentáculos, un órgano nucal quimiorreceptor, zonas ciliadas e ocelos tubulares.
- Os sexos están separados (macho, femia), e as gónadas son simples e proveñen do peritoneo os gametos son expulsados polos nefridios. A fecundación é externa.
- A segmentación é espiral formándose unha larva trocófora e o celoma é esquizocélico.
Notas
- ↑ Chapman, A.D. 2007. Numbers of Living Species in Australia and the World. Invertebrates. A Report for the Department of the Environment and Heritage. Australian Biodiversity Information Services, Toowoomba, Australia. ISBN (online) 978 0 642 56850 2
Bibliografía
- Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 471-475 ISBN 84-368-0316-7
Véxase tamén
Outros artigos
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sipúnculos |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sipúnculos |