Conversa:Sipúnculos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Título[editar a fonte]

Sipuncúlido é unha moi mala adaptación do latín científico Sipuncula.
En primeiro lugar, porque o termo do latín científico é un substantivo en nominativo plural, polo tanto, en todo caso, debería ser Sipuncúlidos.
E en segundo, porque o termo latino Sipunculida, sinónimo se Sipuncula, que estaría ben adaptado como sipuncúlidos, en plural, está hoxe anulado na nomenclatura zoolóxica oficial.
É de supoñer que o uso, aquí, de sipuncúlidos, é o feito de figurar desta forma en todos os manuais redactados en castelán (orixinais ou traducidos, polo menos dos non poucos que puiden consultar), calco que é un claro caso do que chamei castrapo científico. A adaptación normal ao galego do único nome latino válido, Sipuncula, é Sipúnculos. Cf. catalán sipúnculs. --XoioÉche o que hai 10 de xaneiro de 2013 ás 20:09 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Sipúnculos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 21:03 (UTC)