Semántica: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Семасиология |
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Семантыка |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[ar:علم المعاني]] |
[[ar:علم المعاني]] |
||
[[ast:Semántica]] |
[[ast:Semántica]] |
||
[[be:Семантыка]] |
|||
[[be-x-old:Сэмантыка]] |
[[be-x-old:Сэмантыка]] |
||
[[bg:Семантика]] |
[[bg:Семантика]] |
Revisión como estaba o 12 de outubro de 2011 ás 20:31
Lingüística |
---|
Lingüística teórica |
Gramática descritiva |
Lingüística aplicada |
Artigos relacionados |
A Semántica é a subdisciplina da lingüística que se encarga de estudar o significado. A súa última revolución foi a da lingüística cognitiva, pois o estruturalismo de Ferdinand de Saussure (que descubriu a súa estrutura na lingua co construto das articulacións lingüísticas), non lle proporcionou demasiado desenvolvemento e o transformacionalismo de Noam Chomsky non lle deu demasiada importancia.
Entre os seus temas de estudo principais están os casos de sinonimia, homonimia, polisemia e campos semánticos. Co desenvolvemento multidisciplinar da lingüística cognitiva por parte de Ronald Langacker na década de 1980, reabríronse temas de traballo coma a metáfora, a metonimia e a categorización. Tamén está moi asociada á lexicoloxía (e polo tanto coa lexicografía), sobre todo mediante a estrutura chamada campo léxico.
Semántica filosófica e semántica lingüística
O signo lingüístico está composto por un significante e un significado, pero o falante que emprega o signo lingüístico pon a este en relación cun referente que non é outra cousa ca realidade.
A semántica filosófica preocuparase por cales son as relacións entre o signo lingüístico e o referente extralingüístico. A semántica lingüística estudará as unidades significativas mínimas diferenciais, 'os lexemas', e as relacións que entre eles se establecen no seo dunha lingua concreta.
Semántica diacrónica e semántica sincrónica ou lexicoloxía
A semántica, rama da lingüística que se ocupa dos cambios de significación que operan nas palabras, é unha ciencia diacrónica, fronte á lexicoloxía (tamén denominada semántica sincrónica), disciplina que estuda o léxico dunha lingua, e que traballa no plano sincrónico.
Semántica léxica e semántica gramatical
Debido á distinción entre 'significado léxico' e 'significado gramatical', dous ámbitos son recoñecidos na semántica:
- a semántica léxica, que estuda o significado dos lexemas como unidades significativas léxicas e as relacións que entre eles se establecen, os 'campos léxicos'.
- a semántica gramatical, que ten como obxectivo de estudo os morfemas gramaticais, o significado das categorías gramaticais e os modos de significar.