Holonimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Holonimia é unha noción semántica que se opón a meronimia, do mesmo xeito en que se opoñen o todo e a parte. Así, por exemplo, bicicleta é un holónimo mentres que pedal, aro e guiador son merónimos.

A diferenza da relación "hiperonimia / hiponimia", que tamén distingue dous conceptos de distinto nivel, a relación "holonimia / meronimia" non é tanto de inclusión conceptual canto de inclusión material. En efecto, na oposición "FLOR / Rosa, caravel, nardo", o hiperónimo (flor) é unha categoría máis abarcante que inclúe entre os seus membros á rosa, ao caravel e ao nardo, entre outras flores. En cambio, na oposición "casa / dormitorio, comedor, cociña", o holónimo nomea ao todo que inclúe materialmente (dormitorio, comedor, etc.).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]