Virtuema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os lexemas, debido á connotación, varían a forma do seu significado. Dependendo das esperiencias vitais, o significado do lexema de árbore nun acto de fala concreto é diferente segundo o falante que o enuncie e as súas experiencias. Un falante poderá ter en mente un piñeiro; outro, un carballo. O conxunto de semas (unidades mínimas de significación), variables por mor do que nun instante a palabra para un ou varios falantes poida connotar, pertencentes a un lexema, denomínase virtuema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]