Semántica gramatical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A semántica gramatical é a parte da semántica que estuda o significado dos morfemas gramaticais e as relacións que se establecen entre eles, o significado das categorías gramáticas e o significado dos esquemas sintácticos. Descríbese por medio de regras convencionais, xa que as unidades das que trata son sistemáticas.