Semema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na análise sémica, o semema é o conxunto de trazos significativos ou semas mínimos. O semema é unha forma do plano do contido e vai ligado a un significante (forma da expresión), o lexema (unidade mínima de significado léxico que ten expresión).

Noutras palabras, o lexema é a unión dun semema (significado formado por un conxunto de semas lingüísticamernte pertinente porque ten correspondencia no plano da expresión) e un significante ou expresión. Polo tanto, o semema é un conxunto de semas que conforman unha unidade (lingüística) de significado que unida a un significante dá lugar a un lexema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]