Escola Oficial de Idiomas: Diferenzas entre revisións
m tamén a ligazón da EOI de Madrid por incluír curso de lingua galega |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{wikificar}} |
|||
En [[España]], os estudos das '''Escolas Oficiais de Idiomas''' (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de deceembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos: |
En [[España]], os estudos das '''Escolas Oficiais de Idiomas''' (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de deceembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos: |
||
*Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un). |
*Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un). |
Revisión como estaba o 6 de xuño de 2011 ás 22:06
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
En España, os estudos das Escolas Oficiais de Idiomas (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de deceembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:
- Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
- Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
A Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade na Educación (B.O.E. 24 de decembro) modificou esta situación, adaptándoa ó actual esquema de tres niveis:
- Nivel Básico
- Nivel Intermedio
- Nivel Avanzado
Os idiomas actualmente (2006) impartidos nas E.O.I. son os da lista que aparece a continuación, de acordo coa información que subministra o Ministerio de Educación, pero na práctica non se poden encontrar ensinanzas de todos estes idiomas en todas as E.O.I.
Poden inscribirse nas EOI as persoas que acabaran o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria E.S.O. o equivalente (Graduado Escolar, Certificado de Escolaridade ou Certificado de Estudos Primarios), polo que as EOI ofrecen estudos non universitarios de lingua estranxeira para adolescentes e adultos. España é o único país da Unión Europea que dispón dunha institución de ensino público, que ademais outorga títulos oficiais ó acabar os estudos, con esta finalidade.
As Escolas Oficiais de Idiomas enfróntanse nestes momentos a diversos retos para mellorar e harmonizar as súas ensinanzas coas que se ofrecen noutras institucións europeas. Entre eses retos destacan:
- A elaboración de currículos que desenvolvan os contidos mínimos do Real Decreto 1523/1989.
- A harmonización das probas de nivel e dos exemes libres realizados nas diferentes E.O.I., que xa fora iniciada nalgunhas Comunidades Autónomas.
- A adaptación das súas ensinanzas ó Marco Común de Referencia Europeo para a Aprendizaxe, a Ensinanza e a Avaliación de Linguas Estranxeiras (dispoñible en internet en inglés nas páxinas do Consello de Europa e en español nas páxinas do Instituto Cervantes. Máis información e edicións en papel ou electrónicas noutras linguas en a páxina de idiomas do Consello de Europa.
A inexistencia dun marco normativo estable provocou numerosos problemas entre os usuarios matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas, xa que existen distintas normativas que non foron aprobadas e a pesar de iso están utilizándose como referencia para a matrículación dos alumnos (como no caso do Borrador de Decreto do Goberno Valenciano, utilizado como referencia para a transición entre os planos de estudos e a matriculación do alumnado).
En Galicia hai EOI nos concellos de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cedeira, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Vilagarcía e Ferrol, os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de Ponferrada e Madrid.
Ligazóns externas
- EEOOII.NET: portal das Escuelas Oficiais de Idiomas
- Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia
- Escola Oficial de Idiomas da Coruña
- Escola Oficial de Idiomas de Santiago
- Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos
- Escola Oficial de Idiomas de Ourense
- Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
- Escola Oficial de Idiomas de Vigo
- Escola Oficial de Idiomas de Lugo
- Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
- Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada
- Escola Oficial de Idiomas de Madrid