Vitamina C: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Modificado: lv:C vitamīns |
m bot Engadido: zh-yue:維他命C |
||
Liña 92: | Liña 92: | ||
[[zh:维生素C]] |
[[zh:维生素C]] |
||
[[zh-min-nan:Bî-tá-mín C]] |
[[zh-min-nan:Bî-tá-mín C]] |
||
[[zh-yue:維他命C]] |
Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2011 ás 02:51
A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do colaxenio, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de osíxeno en formas inertes. Úsase tamén na síntese dalgunhas moléculas que serven como hormonas ou neurotransmisores.
Todos os efectos da vitamina C son importantes para doentes con deficiencias. Non existe hipervitaminose de vitamina C a través dos alimentos, pero se se toma sinteticamente e en exceso pode ser daniño. Ten os seguintes efectos no organismo en doses moderadas:
- Favorece a formación dos dentes e ósos;
- Axuda a resistir ás doenzas.
- Prevén gripes, fraqueza muscular e infeccións. Axuda sen dúbida en doentes xa con escorbuto.
- Axuda o sistema inmunolóxico e a respiración celular, estimula as glándulas suprarrenais e protexe os vasos sanguíneos.
A carencia desta vitamina provoca a avitaminose designada escorbuto.
Fontes de vitamina C
A vitamina C non é producida polas células humanas e ten de ser inxerida na alimentación. Alimentos ricos en Vitamina C: Amorodo, melón, laranxa, limón, acerola, verza, ananás, papaia, manga, caxú e pementón.
A acerola é trintás veces máis rica en Vitamina C que a laranxa.
Produto |
mg Vit. C/100 g de
produto fresco |
goiaba |
273 |
pemento |
131 |
brócoli |
110 |
kiwi |
90 |
amorodos |
60 |
limón e laranxa |
50 |
Sinais de falta
A deficiencia patolóxica denomínase escorbuto: feridas que demoran en cicatrizar, hemorraxias, dentes moles, perda de peso, dores nas articulacións e xenxivas inflamadas.