Misticismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''misticismo''' é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de éxtase. Adquire diversas significacións consonte a filosofía ou a ..."
 
Xas (conversa | contribucións)
iw
Liña 3: Liña 3:
No [[budismo]] a experiencia mística pódese identificar co [[nirvana]] no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no [[hinduísmo]] onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o [[atman]] co [[Brahma]].
No [[budismo]] a experiencia mística pódese identificar co [[nirvana]] no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no [[hinduísmo]] onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o [[atman]] co [[Brahma]].


No [[xudaísmo]] a principal corrente mística denomínse [[Cábala]]. O fillo de [[Isaac]], [[Xacobe]] cambiou o seu nome polo de [[Israel]] (''forte con Deus'', e ''o que loita contra Deus'') tras unha experiencia mística de loita coa divinidade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de [[Moisés]] coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de [[Exipto]]. O canto [[erotismo|erótico]] do [[Cantar dos Cantares]], sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.
No [[xudaísmo]] a principal corrente mística denomínase [[Cábala]]. O fillo de [[Isaac]], [[Xacobe]] cambiou o seu nome polo de [[Israel]] (''forte con Deus'', e ''o que loita contra Deus'') tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de [[Moisés]] coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de [[Exipto]]. O canto [[erotismo|erótico]] do [[Cantar dos Cantares]], sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.


Filósofos neoplatónicos como [[Plotino]] describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.
Filósofos neoplatónicos como [[Plotino]] describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.


No [[cristianismo]], a experiencia non é de fusión nin de esvaimento senón de comunión. Na [[Igrexa Siríaca]] seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias misticas que se trasladaron aos cantos de [[Efrén o Sirio]]. Na [[Igrexa Ortodoxa Copta]] a vida ascética de [[Antón Abade]] segue a ser exemplo a imitar. Na [[Igrexa Apostólica Armenia]] os poemas místicos de [[Narek]] son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na [[Igrexa Ortodoxa]] a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de [[Pais da Igrexa]] como [[Gregorio de Nisa]] e pervive a través do pensamento de [[Gregorio Palamas]] e a súas vivencias sobre as ''energeias'' divinas propias do [[hesicasmo]].
No [[cristianismo]], a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. Na [[Igrexa Siríaca]] seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de [[Efrén o Sirio]]. Na [[Igrexa Ortodoxa Copta]] a vida ascética de [[Antón Abade]] segue a ser exemplo a imitar. Na [[Igrexa Apostólica Armenia]] os poemas místicos de [[Narek]] son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na [[Igrexa Ortodoxa]] a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de [[Pais da Igrexa]] como [[Gregorio de Nisa]] e pervive a través do pensamento de [[Gregorio Palamas]] e a súas vivencias sobre as ''energeias'' divinas propias do [[hesicasmo]].


Na [[Igrexa católica]] teñen particular importancia os escritos e predicacións de [[Bernardo de Claraval]] e [[Hildegarda de Bingen]] na [[Idade media]], así como o misticismo do século de ouro español con [[Tareixa de Xesús]] e [[Xoán da Cruz]].
Na [[Igrexa católica]] teñen particular importancia os escritos e predicacións de [[Bernardo de Claraval]] e [[Hildegarda de Bingen]] na [[Idade media]], así como o misticismo do século de ouro español con [[Tareixa de Xesús]] e [[Xoán da Cruz]].


[[Categoría:relixión]]
[[Categoría:Relixión]]
[[Categoría:literatura]]
[[Categoría:Literatura]]

[[af:Mistisisme]]
[[ar:غموضية]]
[[az:Mistisizm]]
[[bg:Мистицизъм]]
[[br:Kevrinelezh]]
[[bs:Misticizam]]
[[ca:Misticisme]]
[[co:Misticisimu]]
[[cs:Mystika]]
[[da:Mystik]]
[[de:Mystik]]
[[el:Μυστικισμός]]
[[en:Mysticism]]
[[eo:Mistikismo]]
[[es:Misticismo]]
[[et:Müstika]]
[[fi:Mystiikka]]
[[fr:Mysticisme]]
[[fur:Misticisim]]
[[fy:Mystyk]]
[[he:מיסטיקה]]
[[hr:Misticizam]]
[[id:Mistisisme]]
[[it:Mistica]]
[[ja:神秘主義]]
[[ka:მისტიციზმი]]
[[ko:신비주의]]
[[la:Mystica]]
[[lb:Mystik]]
[[lt:Mistika]]
[[mk:Мистицизам]]
[[ms:Mistisisme]]
[[mwl:Misticismo]]
[[nl:Mystiek]]
[[nn:Mystikk]]
[[no:Mystikk]]
[[pl:Mistycyzm]]
[[pt:Misticismo]]
[[ro:Misticism]]
[[ru:Мистицизм]]
[[sh:Misticizam]]
[[simple:Mysticism]]
[[sk:Mystika]]
[[sl:Mistika]]
[[sq:Mistika]]
[[sr:Мистицизам]]
[[sv:Mystik]]
[[tl:Mistisismo]]
[[tr:Mistisizm]]
[[uk:Містицизм]]
[[yi:מיסטיק]]
[[zh:神秘主義]]
[[zh-yue:神秘主義]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2011 ás 20:25

O misticismo é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de éxtase. Adquire diversas significacións consonte a filosofía ou a relixión de quen o experimenta. Denomínase así tamén a doutrina ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.

No budismo a experiencia mística pódese identificar co nirvana no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no hinduísmo onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o atman co Brahma.

No xudaísmo a principal corrente mística denomínase Cábala. O fillo de Isaac, Xacobe cambiou o seu nome polo de Israel (forte con Deus, e o que loita contra Deus) tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de Moisés coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de Exipto. O canto erótico do Cantar dos Cantares, sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.

Filósofos neoplatónicos como Plotino describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.

No cristianismo, a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. Na Igrexa Siríaca seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de Efrén o Sirio. Na Igrexa Ortodoxa Copta a vida ascética de Antón Abade segue a ser exemplo a imitar. Na Igrexa Apostólica Armenia os poemas místicos de Narek son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na Igrexa Ortodoxa a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de Pais da Igrexa como Gregorio de Nisa e pervive a través do pensamento de Gregorio Palamas e a súas vivencias sobre as energeias divinas propias do hesicasmo.

Na Igrexa católica teñen particular importancia os escritos e predicacións de Bernardo de Claraval e Hildegarda de Bingen na Idade media, así como o misticismo do século de ouro español con Tareixa de Xesús e Xoán da Cruz.