Ombreiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ne:कुम
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lv:Plecs
Liña 93: Liña 93:
[[ln:Libɛkɛ]]
[[ln:Libɛkɛ]]
[[lt:Petys]]
[[lt:Petys]]
[[lv:Plecs]]
[[mk:Рамо]]
[[mk:Рамо]]
[[mr:खांदा]]
[[mr:खांदा]]

Revisión como estaba o 12 de setembro de 2010 ás 13:20

Ombro
Latín articulatio humeri
Gray's pág.313

O ombreiro ou ombro é a articulación complexa entre o brazo (ou membro superior) e a cintura escapular, ou sexa, a estrutura do tórax dos vertebrados constituída pola clavícula e pola escápula.

No entanto, o ombro está formado por catro articulacións separadas e por un complexo de músculos.

Articulacións

As articulacións son:

  • a articulación glenoumeral, que consiste no encaixe da “cabeza” do úmero na cavidade glenoide da omoplata;
  • a articulación acromioclavicular, que liga a clavícula á apófise acromial da escápula;
  • a articulación esternoclavicular, entre a clavícula e o esterno; e
  • as ligazóns da escápula cos músculos da columna torácica e cervical

Músculos

Os músculos que fan mover o brazo son:

  • o pectoral, que puxa o brazo para a frente;
  • o trapecio, que eleva o ombro;
  • o deltoide, nas costas, que puxa o brazo para tras; e
  • o grande dorsal, que puxa o brazo para baixo.

Na ligazón entre o ombro e o pescozo, existe un espazo triangular entre os músculos pectoral e o deltoide, con base na clavícula – a “saboneteira” – por onde pasa a vea cefálica para se xuntar coa vea axilar.

O deltoide, cubrindo a cabeza do úmero, cun conxunto de músculos menores, e que forman a proeminencia do ombro e impiden que esta articulación se desloque (luxación).

O pectoral forma a parte anterior da axila, mentres que a posterior está formada polos músculos grande dorsal e “teres major”. Os vasos sanguíneos axilares e o plexo braquial de nervios atravesa esta rexión.

Imaxes adicionais

Ligazóns externas