Torre de Belén: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Ligazóns externas: (en) correct links Igespar
Liña 59: Liña 59:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.monumentos.pt/Monumentos/UserControls/Pdf.aspx?Ipas=4065&Type=FICHAIPA Turo de Belém (SIPA / IHRU)] {{pt}}
* [http://www.monumentos.pt/Monumentos/UserControls/Pdf.aspx?Ipas=4065&Type=FICHAIPA Turo de Belém (SIPA / IHRU)] {{pt}}
* [http://www.igespar.pt/en/patrimonio/pesquisa/geral/benscomproteccaolegal/detail/323060/ Torre de São Vicente de Belém (IGESPAR)] {{pt}}
* [http://www.igespar.pt/en/patrimonio/pesquisa/geral/patrimonioimovel/detail/323060/ Torre de São Vicente de Belém (IGESPAR)] {{pt}}
* [http://www.igespar.pt/en/monuments/41/ Tower of Belém (IGESPAR)] {{en}}
* [http://www.igespar.pt/en/monuments/41/ Tower of Belém (IGESPAR)] {{en}}
* [http://www.igespar.pt/en/patrimonio/mundial/portugal/110/ Monastery of the Jerónimos and Tower of Belém in Lisbon (IGESPAR)] {{en}}
* [http://www.igespar.pt/en/patrimonio/mundial/portugal/110/ Monastery of the Jerónimos and Tower of Belém in Lisbon (IGESPAR)] {{en}}

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2010 ás 12:58

41' 52" N 009º 12' 24" W_E_ 0°N 0°L / 38_41_52_N_009_12_24_W, 38º 41' 52" N 009º 12' 24" W{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Torre de Belén
(clasificación conxunta
co Mosteiro dos Xerónimos)
Torre de Belém
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísPortugal
Localización38º41'52"N 9º12'24"O
CriteriosC (iii) (vi)
Inscrición1983
Identificador263

A Torre de Belén (en portugués "Torre de Belém") é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén. Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.

Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.

Historia

Orixinalmente baixo a invocación de San Vicente de Saragoça, patrón da cidade de Lisboa, designada no século XVI polo nome de Baluarte de san Vicente a par de Belén e por Baluarte do Restelo, esta fortificación integraba o plano defensivo da barra do río Texo proxectado á época de D. Xoán II (1481-1495), integrado na marxe dereita do río polo Baluarte de Cascais e, na esquerda, polo Baluarte da Caparica.

O cronista García de Resende foi o autor do seu risco inicial, tendo rexistrado:

E assim mandou fazer então a (...) torre e baluarte de Caparica, defronte de Belém, em que estava muita e grande artilharia; e tinha ordenado de fazer uma forte fortaleza onde ora está a formosa torre de Belém, que el-Rei D. Manuel, que santa glória haja, mandou fazer; para que a fortaleza de uma parte e a torre da outra tolhessem a entrada do rio. A qual fortaleza eu por seu mandado debuxei, e com ele ordenei a sua vontade; e tinha já dada a capitania dela [a] Álvaro da Cunha, seu estribeiro-mor, e pessoa de que muito confiava; e porque el-Rei João faleceu, não houve tempo para se fazer[1]

A estrutura comezaría a edificarse en 1514, baixo o reinado de D. Manuel I (1495-1521), tendo como arquitecto Francisco de Arruda. Localizábase sobre un afloramento rochoso nas augas do río, fronteiro á antiga praia de Belén, e destinábase a substituír a antiga nao artillada, ancorada naquel lugar, de onde partían as flotas para as indias. As súas obras ficaron a cargo de Diogo Boitaca, que nesa época tamén dirixía as xa adiantadas obras do veciño Mosteiro dos Xerónimos.

Concluída en 1520, foi o seu primeiro alcaide Gaspar de Paiva, nomeado para a función ao ano seguinte.

Coa evolución dos medios de ataque e defensa, a estrutura foi, gradualmente, perdendo a súa función defensiva orixinal. Ao longo dos séculos utilizouse como rexistro aduaneiro, posto de sinalización telegráfico, e farol. Os seus polvoríns foron usados como alxubes para presos políticos durante o reinado de D. Filipe I (1580-98), e, máis tarde, por D. Xoán IV (1640-1656). O Arcebispo de Braga e Primado das Españas, D. Sebastião de Matos de Noronha (1636-1641), por coalición con España e facendo fronte a D. Xoán IV, foi preso e mandado recluso para a Torre de Belén.

Sufriu varias reformas ao longo dos séculos, principalmente a do século XVIII que privilexiou as ameas, o varandín do baluarte, e o recanto da Virxe cara ao río e o claustro.

Clasificada como Monumento Nacional por Decreto do 10 de xaneiro de 1907, foi declarada pola UNESCO como Patrimonio Cultural de toda a Humanidade no 1983.

Características

A eterna Torre de Belén, o maior ex-libris de Lisboa.

O monumento reflicte influencias islámicas e orientais, que caracterizan o estilo manuelino e marca o fin da tradición medieval das torres de homenaxe, ensaiando un dos primeiros baluartes para artillaría en Portugal.

Parte da súa beleza reside na decoración exterior, adornada con cordas e nós esculpidas en pedra, galerías abertas, torres de vixía no estilo mourisco e ameas en forma de escudos decoradas con esferas armilares, a cruz da Orde de Cristo e elementos naturalistas, como un rinoceronte, alusivos ás navegacións. O interior gótico, por baixo da azotea, que serviu como armaría e prisión, é moi austero.

A súa estrutura componse de dous elementos principais: a torre e o baluarte. Nos ángulos da plataforma da torre e do baluarte, sobresaen garitas cilíndricas coroadas por cúpulas de gomos, ricamente decorada en cantaría de pedra.

A torre cuadrangular, de tradición medieval, érguese con cinco andares por riba do baluarte, a saber:

  • Primeiro andar - Sala do Gobernador.
  • Segundo andar - Sala dos Reis, con teito elíptico e fogón ornamentado con medias-esferas.
  • Terceiro andar - Sala de Audiencias.
  • Cuarto andar - Capela.
  • Quinto andar - Plataforma da torre.

A nave do baluarte poligonal, ventilada por un claustrín, abre 16 canoneiras para tiro rasante de artillaría. O terraplén, gornecido por almeas, constitúe unha segunda liña de lume, nel atópase o santuario da "Nossa Senhora do Bom Sucesso" co Neno, tamén coñecida como a Virxe do Restelo.

Notas

  1. RESENDE, Garcia. Crónica de D. João II, 1545

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas