Francisco de Arruda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco de Arruda
 Reino de Portugal
Falecemento30 de novembro de 1547
 Évora
ÁreaArquitectura e escultura
MovementoRenacentismo Manuelino Gótico flamíxero
ObrasTorre de Belém
Aqueduto da Água de Prata
Aqueduto da Amoreira
Praça-forte de Mazagão
Sé de Elvas
NacionalidadePortugal
editar datos en Wikidata ]

Francisco de Arruda, nado no século XV e finado en Évora o día 30 de novembro de 1547, foi un arquitecto e escultor portugués. É irmán máis novo de Diogo de Arruda e pai de Miguel de Arruda. Francisco e Diogo de Arruda asimilaron o estilo gótico flamíxero e desenvolveron o estilo manuelino nos seus edificios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A torre de Belem
Interior da Igrexa da Nossa Senhora da Asunção
Casa dos Bicos
Castelo do Monte Évora
acueduto de Amoreira

Encargouse da reparación das fortificacións de Moura, Mourão e Portel, en 1510. Ademais de reparar muros, transformou castelos para acomodar o cambio da artillaría neurobalística ao uso de armas pirobalísticas (armas de fogo). Por petición do rei Dom Manuel I, co acordo de don Jaime, duque de Braganza, restaurou os pazos de Portel, hoxe en ruínas ,[1] e a capela de San João Bautista.

O rei encargoulle a construción da Torre de Belem, en 1514, que ten a distinción de ser unha estrutura militar cunha decoración exuberante.[2]

Entre 1514 e 1520, Francisco viaxou ao norte de África co seu irmán Diogo de Arruda, a Safi, Mazagán (Mazagão).

En el-Jadida (Mazagán), o rei Manuel enviara unha carta en maio de 1505 a Jorge de Mello para construír alí unha fortaleza. O duque de Braganza informou ao rei en 1513 de que non se tiña construído nada. En carta de Diogo e Francisco de Arruda datada en 1514 solicitaban materiais para construír as murallas da cidade.[3] Traballaron na fortaleza de Azamor que fora conquistada na batalla de Azamor, en 1513, polo duque de Braganza. Daquela foron influenciados pola arte islámica.

Desde 1517, durante 20 anos, Francisco de Arruda dirixiu a construción da Igrexa da Nossa Senhora da Asunção, catedral de Elvas.[4]

En 1520 os membros da familia Arruda farán varias construcións en Évora, en particular no mosteiro de San Francisco.

En 1523 fixo a Casa dos Bicos[5] en Lisboa para Dom Brás de Albuquerque, fillo natural lexitimado do segundo gobernador da India portuguesa, Afonso de Albuquerque.

Ao redor de 1530, traballou no Palacio de Bacalhoa ou Palacio de Albuquerque, en dúas grandes torres cilíndricas.[6]

Tras a morte de Diogo de Arruda en 1531, Francisco foi pouco a pouco interesándose pola cultura humanista e cambiou o seu estilo cara ao do primeiro Renacemento.

A partir de 1531 modificará o castelo de Évora Monte, no concello de Estremoz, para convertelo nun palacio de estilo italiano.[7]

Construíu entre 1531 e 1537, o acueduto da Água de Prata, en Évora, inaugurado o 28 de marzo de 1537.[8]

En 1537, o rei Xoán III de Portugal nomeou a Francisco de Arruda Mestre das obras do Alentexo. Fixo o acueduto da Amoreira, até a súa morte, rematado por Afonso Álvares, en 1580.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernard Oudin, Diccionario de arquitectos, p. 33, Seghers, París, 1994ISBN 2-232-10398-6 ; p. 664

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]