Saltar ao contido

Diogo Boitaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiogo Boitaca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1460 Editar o valor en Wikidata
Distrito de Leiria, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte1528 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Batalha, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Mosteiro dos Xerónimos

Diogo Boitaca, nado contra o 1460 e finado en 1529, foi un arquitecto e enxeñeiro portugués. O seu nome aparece con diversas variantes na documentación da época: Diogo Boytac, Diogo de Boytaca, Diogo Boitaca e Diogo de Boitaca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Probabelmente oriúndo de Francia, data de 1492 a primeira referencia a actividades súas en Portugal. Nesa altura estaba a traballar en Setúbal onde edificou igrexa e convento de Xesús.

Chamado polo rei D. Manuel I (1495-1521), foi para Lisboa, tendo sido o primeiro arquitecto do Mosteiro dos Xerónimos, iniciado en 1502, debéndoselle as trazas iniciais e parte das obras, que logo seguirían outros. Foi agraciado polo soberano co título de "Mestre das Obras do Reino".

No mesmo ano de 1502, comezou a trazar os planos da Torre de Belém, sen dúbida a obra máis emblemática do estilo manuelino. O proxecto orixinario contaba con outras dependencias que non foron edificadas. Dirixiu as obras até 1516. O seu colaborador Joâo de Castilho continuounas e mudou algúns detalles.

Construíu a sé da Guarda, renovou a igrexa da Santa Cruz, en Coímbra.

Torre de Belem, Lisboa

No 1510 partiu para o Norte de África, onde foi armado cabaleiro en Arzila, pola súa participación nos combates da toma da cidade fronte os mouros. En 1514, dou as trazas para a construción da fortaleza portuguesa en Mâmora (actual Mehedia), preto de Rabat, que logo foi reconquistada polos marroquinos.

No 1509, trasladouse para Batalha, onde alzou os piares das Capelas Imperfeitas. Dous anos despois, en 1511, trasladouse para Coímbra, onde construíu o matadoiro, reparou a ponte da Santa Clara sobre o Mondego, e máis trazou obras de canalización dese río.

En 1516, volveu traballar no Mosteiro da Batalha, onde permaneceu até 1529, ano probable da súa morte.

Valoración

[editar | editar a fonte]

É unha das figuras de referencia do estilo manuelino. No conxunto da súa obra deixou ben definido o seu trazo, con abundancia de alcachofas, cardos e outros froitos, para alén dos cabos de mariñeiro tallados na pedra.