Franz Kafka: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Liña 5: Liña 5:


== Vida ==
== Vida ==
Kafka naceu en Praga ([[Bohemia]]) en [[1883]], cando era parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. Formaba parte dunha familia de clase media, xermano-parlante e [[xudeu|xudía]] [[asquenací]]. O seu pai era un comerciante ó por menor, chamado Hermann Kafka ([[1852]]-[[1931]]), e a súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856-1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu [[lingua checa|checo]] cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubese falar fluidamente nas dúas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e [[lingua francesa]]; un dos seus autores favoritos foi [[Flaubert]], e tivo un afecto sentimental por [[Napoleón]]. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Entre [[1889]] e [[1893]] Kafka acudiu á escola elemental (''Deutsche Knabenschule'') no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga, e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame [[Matura]] en [[1901]]. Comezou a estudiar leis na [[Universidade de Praga|Universidade Charles de Praga]], e obtivo o seu graduado en leis en [[1906]], traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En [[1917]] comezou a sufrir de [[tuberculose]], o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.
Kafka naceu en Praga ([[Bohemia]]) en [[1883]], cando era parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. Formaba parte dunha familia de clase media, xermano-parlante e [[xudeu|xudía]] [[asquenací]]. O seu pai era un comerciante polo miúdo, chamado Hermann Kafka ([[1852]]-[[1931]]), e a súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856-1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu [[lingua checa|checo]] cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubese falar fluidamente nas dúas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e [[lingua francesa]]; un dos seus autores favoritos foi [[Flaubert]], e tivo un afecto sentimental por [[Napoleón]]. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Entre [[1889]] e [[1893]] Kafka acudiu á escola elemental (''Deutsche Knabenschule'') no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga, e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame [[Matura]] en [[1901]]. Comezou a estudiar leis na [[Universidade de Praga|Universidade Carolina de Praga]], e obtivo o seu graduado en leis en [[1906]], traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En [[1917]] comezou a sufrir de [[tuberculose]], o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.


[[Ficheiro:Kafka monument.jpg|right|thumb|Estatua de bronce de Franz Kafka en Praga]]
[[Ficheiro:Kafka monument.jpg|right|thumb|Estatua de bronce de Franz Kafka en Praga]]

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2010 ás 15:27

Fotografía de estudio de Franz Kafka de 1906

Franz Kafka (nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e falecido en Viena o 3 de xuño de 1924) foi un escritor en lingua alemá.

Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A maior parte dos seus traballos foron publicados postumamente. A súa forma de escribir segue sendo un desafío tanto para críticos coma para lectores, e os intentos de catalogar os seus traballos son xeralmente inadecuados.

Vida

Kafka naceu en Praga (Bohemia) en 1883, cando era parte do Imperio Austrohúngaro. Formaba parte dunha familia de clase media, xermano-parlante e xudía asquenací. O seu pai era un comerciante polo miúdo, chamado Hermann Kafka (1852-1931), e a súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856-1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu checo cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubese falar fluidamente nas dúas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e lingua francesa; un dos seus autores favoritos foi Flaubert, e tivo un afecto sentimental por Napoleón. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Entre 1889 e 1893 Kafka acudiu á escola elemental (Deutsche Knabenschule) no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga, e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame Matura en 1901. Comezou a estudiar leis na Universidade Carolina de Praga, e obtivo o seu graduado en leis en 1906, traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En 1917 comezou a sufrir de tuberculose, o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.

Estatua de bronce de Franz Kafka en Praga

O asceticismo e auto-desprezo con que Kafka é asociado están ben documentados nas súas cartas e nas dos seus amigos e familiares; así e todo, precisa ser posto en contexto. Enfermidades crónicas (se foi ou non psicosomático é unha materia para o debate) xunto con tuberculose, migrañas, insomnio, estrenximento, forúnculos, e outras doenzas. Intentou contrarrestar isto cun réxime de tratamentos de naturopatía, coma unha dieta vexetariana e o consumo de grandes cantidades de leite non pasteurizada (sendo posiblemente o segundo o factor causante da súa tuberculose). O máis probable é que hoxe en día fose diagnosticado de depresión clínica, pois a súa actitude auto-crítica era esaxeradamente severa. Mentras na escola tomou un rol activo na organización de eventos sociais e literarios, facendo moito para promocionar e organizar actuacións de teatro yiddish, a pesar dos temores de incluso os seus mellores amigos coma Max Brod, que normalmente o apoiaban en todo o demais, e contrariamente ó seu medo de ser percibido coma física e mentalmente repulsivo, impresionou a outros co seu mocerío, esmero, e unha austera boa apariencia, o seu comportamento silencioso, e a súa intelixencia e singular sentido do humor.

A relación de Kafka co seu dominante pai foi un tema importante nos seus escritos. A comezos dos anos 20 tivo unha aventura amorosa coa xornalista e escritora checa Milena Jesenská. En 1923 transladóuse a Berlín ca esperanza de poder distanciarse da influencia da súa familia para concentrarse en escribir. Alí coñeceu a Dora Dymant, de 19 anos e descendente dunha familia xudía ortodoxa, que fora capaz de superar o seu pasado no barrio xudeu. Ela converteuse na súa amante, e influenciou o interese de Kafka no Talmud.

Porén, a tuberculose de Kafka empeorou; regresou a Praga, e despois marchou para un sanatorio preto de Viena para recibir tratamento, onde morreu o 3 de xuño de 1924, aparentemente de fame (a condición de Kafka facía que tragar fora demasiado doloroso para a súa gorxa, e como a terapia intravenosa non estaba aínda descuberta, non existía ningunha forma de alimentalo). O seu corpo foi levado de volta para Praga, onde foi enterrado o 11 de xuño de 1924, no Novo Camposanto Xudeu en Žižkov (Praga).

Tumba de Franz Kafka

Kafka publicou só unhas poucas historias curtas durante a súa vida, unha pequena parte do seu traballo, e consecuentemente os seus escritos atraeron pouca atención ata despois da súa morte. Antes de morrer pedíulle ó seu amigo e testamentario literario Max Brod que destruíse todos os seus manuscritos. Dora Dymant, fielmente, destruíu os manuscritos que posuía ela, pero Brod non seguiu as instruccións de Kafka e supervisou a publicación de maior parte dos seus traballos, que pronto comezaron a atraer a atención e a mirada dos críticos. Todos os seus traballos publicados, agás varias cartas dirixidas a Milena Jesenská, foron escritas en alemán.

Interpretación crítica

Moitos críticos intentaron razonar os traballos de Kafka interpretándoos a través de certas escolas de xuízo crítico, como a modernista ou a realista máxica. A aparente desesperación e o absurdo que parecen impregnar os seus traballos son considerados emblemáticos do existencialismo. Outros intentaron localizar influencias marxistas na súa satirización da burocracia en pezas como In the Penal Colony, The Trial, e The Castle, onde outros apuntan ó anarquismo como a inspiración do individualismo anti-burocrático de Kafka. Mesmo outros interpretaron os seus traballos a través do xudaísmo (porque el era xudeu e tivo interese na cultura xudía, aínda que só a cultivou tarde na súa vida). Borges fixo algunhas observacións perceptivas ó respecto; tamén foi estudiado a través do freudismo (polos seus conflitos familiares), ou como alegoría da súa busca metafísica de Deus (Thomas Mann foi quen propuxo esta teoría). Temas de alienación e persecución son repetidos recalcadamente, e este énfasis, notablemente nos traballos de Marthe Robert, parcialmente inspirou o contra-criticismo de Gilles Deleuze e Felix Guattari, quenes argumentaron que existía moito máis de Kafka que o estereotipo dá figura solitaria escribindo das súas angustias, e que o seu traballo era máis deliberado, subversivo e con todo "alegre" do que parecía ser. Os biógrafos teñen dito que era común en Kafka ler capítulos dos libros nos que traballaba ós seus amigos próximos, e que esas lecturas xeralmente facíanos concentrar, no continuo, pero que moitas veces ignoraban o lado humorístico da súa prosa. Milan Kundera refírese ó humor esencialmente surrealista de Kafka como o principal predecesor de artistas posteriores como Federico Fellini, Gabriel García Márquez, Carlos Fuentes e Salman Rushdie. Márquez dixo que a lectura de A metamorfose de Kafka mostroulle "que era posible escribir dunha forma diferente".

Edicións en galego

As primeiras obras en ser traducidas ó galego foron A metamorfose e O proceso.

  • (1991) A metamorfose, seguido de A sentencia, traducido por Xosé M. García Álvarez en edición de Sotelo Blanco (ISBN 84-7824-108-6)
  • (2003) O proceso, traducido por Luís Fernández Rodríguez en edición de Sotelo Blanco (ISBN 84-7824-434-4)

Ademais, as seguintes recompilacións de relatos están publicadas en Galaxia coa colaboración de Caixa Galicia (na súa loable colección de Clásicos Universais) e son narracións breves (algunhas de só uns parágrafos) en base á tradución do orixinal alemán outra vez por parte de Luís Fernández:

Narracións Completas I: Un médico de aldea (ISBN 84-8288-714-9)

  • "O desexo de ser indio"
  • "O rexeitamento"
  • "As árbores"
  • "Vestidos"
  • "O comerciante"
  • "Camiño de volta a casa"
  • "Ollando distraidamente a rúa"
  • "Os transeúntes"
  • "O pasaxeiro"
  • "Para a reflexión dos xinetes"
  • "Infelicidade"
  • "Excursión á montaña"
  • "Nenos da estrada"
  • "Desenmascaramento dun estafador"
  • "A ventá sobre a rúa"
  • "O mundo urbano"
  • "O gran ruído"
  • "A infelicidade do solteiro"
  • "Paseo imprevisto"
  • "Decisións"
  • "A sentenza"
  • "Ante a lei"
  • "Na colonia penal". Alegato contra a pena de morte. *
  • "O mestre de aldea"
  • "Un ambicioso estudante novo" *
  • "Blumfeld, un solteirón" *
  • "Un soño"
  • "Na galería"
  • "Un médico de aldea"
  • "Un fratricidio"
  • "A ponte"
  • "Textos para o tema do cazador Gracchus"
  • "O xinete do cubo"
  • "Chacais e árabes"
  • "O novo avogado"
  • "Onte veu onda min unha debilidade" *
  • "Debería..." *
  • "Sobre a construción da muralla chinesa"
  • "Un vello manuscrito"
  • "Era un caloroso día de verán" *
  • "Once fillos"
  • "O meu negocio" *
  • "Un cruzamento"
  • "Informe para unha Academia e outros textos sobre o tema de Pedro o Vermello"
  • "Unha visita á mina"
  • "A aldea máis próxima"
  • "A preocupación do pai de familia"

Narracións II: O artista da fame (ISBN 84-8288-850-1)

  • "K. era un gran prestidixitador" *
  • "Lámpadas novas"
  • "Unha confusión cotiá"
  • "A verdade sobre Sancho Panza" *
  • "O silencio das sereas" *
  • "Unha sociedade de canallas" *
  • "Hospedado na casa dos mortos" *
  • "De noite" *
  • "A nosa vila" *
  • "Sobre a cuestión das leis"
  • "O recrutamento das tropas" *
  • "Poseidón" *
  • "Un grupo" *
  • "O escudo da cidade" *
  • "O temoneiro" *
  • "Consolidación"
  • "A proba" *
  • "O voitre" *
  • "Unha pequena fábula" *
  • "A buxaina" *
  • "A partida" *
  • "Primeira dor"
  • "O avogado" *
  • "Un artista da fame"
  • "Na nosa sinagoga" *
  • "Había unha vez un xogo de paciencia..." *
  • "Investigacións dun can" *
  • "O matrimonio"
  • "Un comentario"
  • "Das metáforas" *
  • "Regreso ao fogar" *
  • "O tobo" *
  • "Unha mulleriña"
  • "Xosefina a cantante, ou o pobo dos ratos"

(Os relatos cun asterisco toman o título das primeiras verbas da narración)

Kafka no cine

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • The Kafka Project Proxecto iniciado en 1998 có propósito de publicar en línea todos os textos de Kafka en alemán, na forma dos manuscritos
  • Franz Kafka

Modelo:Link FA