Max Brod
Aparencia
Max Brod, nado en Praga o 27 de maio de 1884 e finado en Tel Aviv o 20 de decembro de 1968, foi un escritor, compositor e xornalista checo xudeu, posteriormente nacionalizado israelita e que desenvolveu a súa obra en lingua alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malia ser autor dunha prolífica obra propia, debe boa parte da súa sona a ser o amigo e biógrafo do tamén escritor checo Franz Kafka. Como o seu testamenteiro literario, rexeitou executar o desexo de Kafka de que se queimase a súa produción literaria, publicándoa e salvando así algunhas das novelas máis valoradas da literatura universal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Max Brod |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
