Club Sportif Bourgoin-Jallieu: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{Equipo de rugby | nome = CS Bourgoin-Jallieu | imaxe = | nomecompleto = Club Sportif Bourgoin-Jallieu | alcume = | fundacion = 1906 | localizacion = Bourgoin-Jallieu, [[Fr..." |
Sen resumo de edición |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
==Palmarés== |
==Palmarés== |
||
[[Ficheiro:Munster Bourgoin.jpg|thumb|350px|right|O CSBJ contra o [[Munster Rugby|Munster]] na [[Copa de Europa de rugby|Heineken Cup]]]] |
[[Ficheiro:Munster Bourgoin.jpg|thumb|350px|right|O CSBJ contra o [[Munster Rugby|Munster]] na [[Copa de Europa de rugby|Heineken Cup]]]] |
||
*''' |
*'''2ª división''': [[1965]], [[1971]] e [[1973]] |
||
*'''[[European Challenge Cup]]''': [[1997]] |
*'''[[European Challenge Cup]]''': [[1997]] |
||
* '''[[Copa da Lliga]]''': [[2003]] |
* '''[[Copa da Lliga]]''': [[2003]] |
Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2010 ás 01:18
Nome | Club Sportif Bourgoin-Jallieu | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1906 | ||
Sede | Bourgoin-Jallieu, Francia | ||
Estadio(s) | Stade Pierre Rajon | ||
Capacidade | 9.441 espectadores | ||
Presidente | Pierre Martinet | ||
Adestrador | Christophe Urios | ||
Capitán | Julien Frier | ||
Liga(s) | Top 14 | ||
2008-09 | 11º | ||
| |||
Na rede | |||
www.csbj-rugby.fr | |||
O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby da población francesa de Bourgoin-Jallieu. Campión da European Challenge Cup en 1997, participa actualmente no Top 14.
Historia
O club foi fundado en 1906 co nome de Club Sportif Bergusien; bergusiens é o antropónimo de Bourgoin. Durante o período de entreguerras, o club xogará na segunda división do rugby francés (nomeada Honneur, Excellence A ou Deuxième Division segundo a época). A partir de 1949, o CSBJ vai manterse sistemáticamente na segunda división. En 1956 troca o seu nome polo nome actual de Club Sportif Bourgoin-Jallieu.
En 1965, o Bourgoin acada o seu primeiro título de importancia, o Campionato d'Excellence ao derrotar por 14-6 ao Beaumont-de-Lomagne na final de Aviñón, coseguindo competir por primeira vez na primeira división (chamada Nationale). Os 12 anos seguintes o club estará descendendo e ascendendo de categoría: descende en 1968, ascende en 1971, descende novamente en 1972, ascende novamente en 1973 e un novo descenso chega en 1979. Logo do último ascenso en 1981, o club non volve descender.
Grazas ás boas xeracións de xoves deportistas, o CSBJ conseguíu xeralmente boas clasificacións no campionato, mais sen gañalo en ningunha ocasión. Logo dunha primeira semifinal de campionato en 1995, perdida fronte ao Stade Toulousain, o equipo de Bourgoin-Jallieu chega á final en 1997, que perderá fronte ao Tolosa. Aquel ano será o mellor momento do club, xa que se alzará como campión da European Challenge Cup,a «segunda» competición de rugby de Europa, gañando ao Castres. Ese mesmo ano tamén xogou a final do Challenge Yves du Manoir. En 1999, o club xogou novamente unha final do Yves du Manoir perdéndoa contra o Stade Français. Durante os seguintes anos, o CSBJ xogou dúas semifinais máis desta competición en 2004 e en 2005.
Palmarés
- 2ª división: 1965, 1971 e 1973
- European Challenge Cup: 1997
- Copa da Lliga: 2003
Resultados das finais
Top 14
Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
31 de maio de 1997 | Stade Toulousain | CS Bourgoin | 12-6 | Parc des Princes, Paris | 44.000 |
European Challenge Cup
Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
26 de xaneiro de 1997 | CS Bourgoin-Jallieu | Castres Olympique | 18-9 | Stade de la Méditerranée, Béziers | 10.000 |
27 de febreiro de 1999 | AS Montferrand | CS Bourgoin-Jallieu | 35-16 | Stade de Gerland, Lyon | 31.986 |
22 de maio de 2009 | Northampton Saints | CS Bourgoin-Jallieu | 15-3 | The Stoop, Twickenham | 9.260 |
Challenge Yves du Manoir
Ano | Campión | Resultado | Finalista |
1997 | Section Paloise | 13-11 | CS Bourgoin-Jallieu |
1999 | Stade Français Paris | 27-19 | CS Bourgoin-Jallieu |
2003 (Marzo) | Stade Rochelais | 22-20 | CS Bourgoin-Jallieu |
2003 (Novembro) | Castres Olympique | 27-26 | CS Bourgoin-Jallieu |