Marina Baixa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
país valenciano --> comunidade valenciana |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
| web = [http://www.fvmp.es/fvmp3/guia/3.1.guia-comarca.html?comar=23&prov=1 Marina Baixa] |
| web = [http://www.fvmp.es/fvmp3/guia/3.1.guia-comarca.html?comar=23&prov=1 Marina Baixa] |
||
}} |
}} |
||
A '''Marina Baixa''' é unha [[Comarcas |
A '''Marina Baixa''' é unha [[Comarcas da Comunidade Valenciana|comarca]] costeira valenciano-parlante do sur da [[Comunidade Valenciana]]. A súa capital tradicional é [[La Vila Joiosa - Villajoyosa|La Vila Joiosa]] pero o maior núcleo urbano e a súa capital económica é [[Benidorm]]. |
||
== Xeografía == |
== Xeografía == |
||
Liña 132: | Liña 132: | ||
</center> |
</center> |
||
{{Comarcas |
{{Comarcas da Comunidade Valenciana}} |
||
[[Categoría:Comarcas |
[[Categoría:Comarcas da Comunidade Valenciana]] |
||
[[an:Marina Baxa]] |
[[an:Marina Baxa]] |
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2009 ás 01:08
Modelo:Comarcas valencianas A Marina Baixa é unha comarca costeira valenciano-parlante do sur da Comunidade Valenciana. A súa capital tradicional é La Vila Joiosa pero o maior núcleo urbano e a súa capital económica é Benidorm.
Xeografía
A Marina Baixa é unha comarca costeira, pero á vez moi montañosa. Pódese dividir en dúas claras zonas, a liña costeira e os vales interiores. Ten grandes serras e montañas coma o Puig Campana, a Serra d'Aitana, a Serra Bèrnia ou a Serra da Xortà e ríos autóctonos coma o Amadòrio, o Algar ou o Guadalest.
Limita ao norte co Comtat e a Marina Alta, a leste e ao sur co Mar Mediterránea, ao sueste co Alacantí e ao oeste co Alcoià.
Economía
Aínda que se poden destacar algunhas industrias tradicionais da zona, como son a industria do chocolate na Vila Joiosa ou o cultivo da néspera en Callosa d'en Sarrià, a actividade máis propia desta comarca é o turismo. Tódolos municipios costeiros notaron un gran medre de poboación debido ao gran fluxo de turistas, así como os municipios do interior viron freada a perda de poboación debido á chegada de novos residentes procedentes do norte de Europa. Dentro desta comarca sitúase o encravamento turístico máis importante de toda a península, a vila de Benidorm.
Tamén se poden atopar numerosos parques temáticos e de lecer, coma Terra Mítica, Terra Natura ou Aqualandia.
Demografía
Os concellos pertencentes á comarca da Marina Baixa son os seguintes:
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
L'Alfàs del Pi | 19.913 | 19,26 | 1.033,90 |
Altea | 22.648 | 35,30 | 641,58 |
Beniardà | 220 | 15,74 | 13'97 |
Benidorm | 69.058 | 38,51 | 1.793,24 |
Benifato | 188 | 11'90 | 15'79 |
Benimantell | 466 | 37'90 | 12'29 |
Bolulla | 399 | 13'60 | 29'33 |
Callosa d'en Sarrià | 8.008 | 34,66 | 231,04 |
El Castell de Guadalest | 215 | 16'00 | |
Confrides | 303 | 40'00 | 7'57 |
Finestrat | 4.945 | 42,25 | 117,04 |
La Nucia | 15.519 | 21,36 | 726,54 |
Orxeta | 758 | 24,06 | 31,50 |
Polop | 3.869 | 22,58 | 171,34 |
Relleu | 1.090 | 76,87 | 14,17 |
Sella | 639 | 38,72 | 16,50 |
Tàrbena | 758 | 31,67 | 23,93 |
La Vila Joiosa | 30.550 | 59,25 | 515,61 |
Totais: | 187.711 | 578,80 | 310,20 |