Débeda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Etiquetas: Revertida Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 7: Liña 7:
Hoxe,{{cando}} o [[Banco|sistema bancario]] é un puntal esencial da economía de mercado. Os [[Banco central|bancos centrais]] controlan a emisión de [[Diñeiro|moeda]] e emiten [[débeda pública]]. Efectivamente, a débeda non é senón un medio para controlar a [[macroeconomía]] e a [[taxa monetaria]], un instrumento en función de varios índices: o [[crecemento económico]], a [[inflación]] ou o [[desemprego]] dun [[país]]. Co fin de asegurar a confianza dos diferentes axentes económicos, as débedas están reguladas pola [[lei]]. En [[Dereito]], o concepto de débeda forma parte do [[dereito]] das obrigacións.<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/affichSarde.do;jsessionid=471FA2C633DFE208CC087AA9A1B5ABED.tpdjo11v_3?reprise=true&page=1&idSarde=SARDOBJT000007110603&ordre=null&nature=null&g=ls Dette], na páxina web Legifrance.gouv.fr. Consultado o 27 de xuño de 2016.</ref> Pero as dinámicas complexas da débeda son dificilmente comprensibles e, a pesar do dereito, causan un risco certo sobre a [[economía]] ou as [[Sociedade|sociedades humanas]]. Non pode facerse caso omiso aos riscos exteriores, como o [[clima]] ou a [[saúde]] das persoas, nin á [[Psicoloxía|dimensión psicolóxica]] asociada á percepción do [[futuro]], do [[Valor económico|valor]] ou do risco nos seres humanos. Se os axentes económicos perden [[confianza]] no futuro ou na súa capacidade para cumprir as súas promesas, o fráxil equilibrio pode romper.

En [[contabilidade]], unha débeda é un [[pasivo]] ou un [[activo]], visto desde o punto de vista do [[debedor]] ou do [[acredor]], cuxo vencemento e importe están fixados de modo preciso. Neste sentido, as débedas dunha persoa, dunha empresa, dun país ou dunha [[institución]] son o conxunto dos préstamos que terá que reembolsar.
En [[contabilidade]], unha débeda é un [[pasivo]] ou un [[activo]], visto desde o punto de vista do [[debedor]] ou do [[acredor]], cuxo vencemento e importe están fixados de modo preciso. Neste sentido, as débedas dunha persoa, dunha empresa, dun país ou dunha [[institución]] son o conxunto dos préstamos que terá que reembolsar.<ref>{{Cita web|título=Debt management|url=https://www.my-quickloan.co.uk/blog/debt-management-taking-back-control-finances.html|páxina-web=|data=|data-acceso=|lingua=}}</ref>

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 19 de maio de 2021 ás 04:34

Palacio da Bolsa de Madrid, España.

A débeda[1] (do latín debĭta, «o que se debe a alguén») é un compromiso de pago obrigado entre dúas entidades (persoa, grupo, empresa, estado). Se a palabra débeda se emprega esencialmente para devolver diñeiro, é dicir, débeda económica, unha débeda é tamén un concepto moral. Certas débedas morais son imposibles de cuantificar ou de reembolsar, por exemplo, cando unha persoa salva a vida doutra persoa.

As débedas xogan un rol central na organización das actividades humanas, sobre todo económicas. Xeralmente, unha débeda permite un investimento que transforma o tecido produtivo, xerando melloras para a produción. Por exemplo, un estado pode endebedarse para construír infraestruturas tales como estradas, que á súa vez van favorecer os intercambios. Ou sinxelamente, un campesiño pode pedir a axuda dos seus veciños para traballar unha terra, que poderá entón frutificar e dar beneficios.

Hoxe,[cando?] o sistema bancario é un puntal esencial da economía de mercado. Os bancos centrais controlan a emisión de moeda e emiten débeda pública. Efectivamente, a débeda non é senón un medio para controlar a macroeconomía e a taxa monetaria, un instrumento en función de varios índices: o crecemento económico, a inflación ou o desemprego dun país. Co fin de asegurar a confianza dos diferentes axentes económicos, as débedas están reguladas pola lei. En Dereito, o concepto de débeda forma parte do dereito das obrigacións.[2] Pero as dinámicas complexas da débeda son dificilmente comprensibles e, a pesar do dereito, causan un risco certo sobre a economía ou as sociedades humanas. Non pode facerse caso omiso aos riscos exteriores, como o clima ou a saúde das persoas, nin á dimensión psicolóxica asociada á percepción do futuro, do valor ou do risco nos seres humanos. Se os axentes económicos perden confianza no futuro ou na súa capacidade para cumprir as súas promesas, o fráxil equilibrio pode romper.

En contabilidade, unha débeda é un pasivo ou un activo, visto desde o punto de vista do debedor ou do acredor, cuxo vencemento e importe están fixados de modo preciso. Neste sentido, as débedas dunha persoa, dunha empresa, dun país ou dunha institución son o conxunto dos préstamos que terá que reembolsar.[3]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para débeda.
  2. Dette, na páxina web Legifrance.gouv.fr. Consultado o 27 de xuño de 2016.
  3. "Debt management".