Jerónimo Rodríguez Villalba
Villalba | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jerónimo Rodríguez Villalba | ||
Nacemento | 20 de xuño de 1954 | ||
Lugar de nacemento | Asunción | ||
Altura | 1,69 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Hayes | |||
Cruz Azul | |||
1975–1977 | Sevilla | 12 | (1) |
1977–1978 | Córdoba | 14 | (0) |
1978–1981 | Algeciras | 85 | (4) |
1981–1983 | AD Ceuta | 30 | (2) |
1983–1989 | Compostela | 99+ | (2+) |
Adestrador | |||
1990–1991 | Sigüeiro | ||
1991–1993 | Cruces | ||
1995–1996 | Sigüeiro | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jerónimo Rodríguez Villalba, nado en Asunción o 20 de xuño de 1954, é un exfutbolista paraguaio, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en 1954 en Asunción, capital de Paraguai, debutou aos 16 anos no Hayes, co que xogou na Primeira División de Paraguai.[1] Aos 20 anos, tras unha tempada no Cruz Azul mexicano, trasladouse a España, onde fichou polo Sevilla. Co equipo andaluz debutou na Primeira División da man do adestrador Roque Olsen, na sexta xornada da tempada 1975/76, contra o Granada en Los Cármenes. Nas súas dúas tempadas en Sevilla disputou un total de 12 partidos na máxima categoría e un na Copa do Xeneralísimo, marcando un gol en liga fronte ao Sporting de Gijón. Posteriormente xogou no Córdoba, no Algeciras e na AD Ceuta, antes de recalar en 1983 no Compostela.
Debutou co equipo santiagués na Segunda División B, nun partido contra o Huesca, e fíxose rapidamente coa titularidade. Militou durante seis anos no Compos, actuando como capitán nas últimas tempadas, ata a súa retirada en 1989.[1] Trala súa retirada continuou vivindo en Galicia, e adestrou varios equipos modestos, como o Sigüeiro e o Cruces.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "A Jerónimo Villalba ya le gusta más la lluvia de Santiago que el clima soleado de Paraguay". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 7 de marzo de 1991. p. 50.
- ↑ "Villalba: «Somos superiores al Pazos»". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 14 de xullo de 1991. p. 56.
- ↑ "Jerónimo Villalba será el entrenador del Cruces durante la próxima temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 20 de xullo de 1991. p. 45.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).