Godofredo V de Anjou
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1113 Angers, Francia |
Morte | 7 de setembro de 1151 (38 anos) Château-du-Loir, Francia |
Lugar de sepultura | Catedral de Le Mans (pt) |
Duque de Normandía | |
Conde de Anjou | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde Duque Conde de Anjou |
Familia | Casa de Anjou |
Cónxuxe | Matilde de Inglaterra (1128 (Gregoriano), 1128 (Gregoriano)–1151 (Gregoriano)) |
Parella | Adelaide of Angers |
Fillos | Mary of Shaftesbury () Hamelin de Warenne, Earl of Surrey () Adelaide of Angers Henrique II de Inglaterra () Matilde de Inglaterra Godofredo VI de Anjou () Matilde de Inglaterra Guillaume FitzEmperesse () Matilde de Inglaterra Emma of Anjou () Matilde de Inglaterra |
Pais | Fulque de Jerusalém e Ermengarda do Maine |
Irmáns | Sibila de Anjou Matilda of Anjou Amalrico I de Jerusalém Elias II, Count of Maine Balduíno III de Jerusalém |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Godofredo V de Anjou, nado o 24 de agosto de 1113 e finado o 7 de setembro de 1151, foi fillo de Folque V o Novo, conde de Anjou (e rei de Xerusalén) e de Eremburga do Maine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1129 recibiu de seu pai os condados de Anjou, Maine e Turena. O 17 de xuño de 1124 casou con Matilde de Inglaterra, filla e herdeira de Henrique I de Inglaterra, viúva do emperador Henrique V de Alemaña.
Primeiro enfrontouse a unha revolta de señores liderada por Lisardo, señor de Sable e Guido IV de Laval. Entrou no Thouars e obrigou o vizconde Aimerico VI a se someter. Tamén se someteron os señores de Blaison, Parthenay e Mirabeau. Finalmente, tamén se someteu Peloquin, señor de L'Île Bouchard.
Henrique I morreu en 1135 pero a Coroa de Inglaterra e o Ducado de Normandía pasaron a Estevo de Blois malia as reclamacións de Godofredo, que atacou Normandía e conquistou Lisieux en 1136, pero resultou ferido. Houbo a continuación unha tregua.
A partir de 1141 iniciou a conquista de Normandía, que deu rematado en tres anos. En 1144 foi recoñecido por todos os señores.
En 1145 o seu irmán Elías rebelouse reclamando o condado do Maine e foi feito prisioneiro e morreu no cárcere (o 15 de xaneiro de 1151). Tamén someteu ao señor de Montreuil-Bellay, Xerardo de Berlai. En 1150 cedeu o ducado ao seu fillo Henrique. En agosto de 1151, mediante un tratado, cedeu o Vexin normando ao rei de Francia.
Morreu en Château-du-Loir o 7 de setembro de 1151 e sucedeuno o seu fillo máis vello Henrique I (Henrique II de Inglaterra), que nacera o 5 de maio de 1133.
8. Godofredo II Ferreol | ||||||||||||||||
4. Folque IV o Tiburón | ||||||||||||||||
18. Folque III Nerra | ||||||||||||||||
9. Ermengarda | ||||||||||||||||
2. Folque V o Novo | ||||||||||||||||
10. Simón I de Montfort | ||||||||||||||||
5. Bertrada de Montfort | ||||||||||||||||
11. Inés de Evreux | ||||||||||||||||
1. Godofredo V de Anjou | ||||||||||||||||
6. Elías I de Maine | ||||||||||||||||
3. Eremburga | ||||||||||||||||
7. Matilda | ||||||||||||||||