Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°10′6.12″N 08°41′18.44″O / 42.1683667, -8.6884556

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

Universidade: Universidade de Vigo
Localización: Zamáns, Vigo
Campus: Vigo
Enderezo: Rúa Maxwell, Campus Universitario das Lagoas-Marcosende 36310[1], Vigo, Galicia Galicia
Ano de fundación: 1992
Decano: Benito Vázquez Dorrío
Docentes: 55
Estudantes: 517
Teléfono: 986812205
Correo electrónico: xnaxm@uvigo.es
Páxina web: http://webs.uvigo.es/etseminas

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas é o centro da Universidade de Vigo que imparte estudos, tanto de títulos de grao como de posgrao, en Enxeñaría de minas. Atópase no Campus das Lagoas-Marcosende.

Historia[editar | editar a fonte]

Os estudos de enxeñaría de minas teñen unha longa tradición. Datan do ano 1777 e foi a primeira titulación de Enxeñaría civil creada en España. A súa denominación ten precisamente a orixe na localización tradicional das fontes de recursos minerais e enerxéticos. Os elementos característicos desta enxeñaría son o martelo, o mazo, a palma e as follas de loureiro, como queda reflectido no escudo da escola. Os devanditos elementos representan a presenza actual dos enxeñeiros de minas nos sectores estratéxicos relacionados coa explotación e xestión de recursos naturais, o medio ambiente, os novos materiais, as obras públicas e na enerxía. O inicio destes estudos na Universidade de Vigo remóntase ao curso 1992-1993[2]. É unha das únicas catro universidades en España nese momento, e a única en Galicia ata hoxe. Dende a súa fundación ata o curso 2010-2011 a escola impartiu o título de enxeñeiro de minas con tres intensificacións:

  • Enerxía.
  • Ambiental e mineira.
  • Materiais.

A partir deste ano, o devandito plan de estudos comezou a súa extinción en prol dos novos títulos de grao adaptados ao plan de estudos RD 1393/2007 [3] (modificado polo RD 961/2010[4]) comunmente coñecido como Plan Boloña.

Formación[editar | editar a fonte]

Titulacións LRU
  • Enxeñeiro de minas (título en extinción).[5]
Titulacións de grao
Titulacións de mestrado
  • Mestrado en Enxeñaría de minas (a partir do curso 2014-2015).[8]

Instalacións[editar | editar a fonte]

O actual edificio da ETSE de Minas, así como as súas instalacións, son de construción recente (finalizado e inaugurado en 2005). O proxecto arquitectónico foi pensado para centralizar diversos servizos compartidos con outras escolas, como a biblioteca, reprografía, comedor e unidades administrativas. O estilo da edificación é de claro carácter industrial e abrangue preto de 9.000 metros cadrados de superficie, distribuídos en módulos para adaptarse á complicada orografía.

Internacional[editar | editar a fonte]

Actualmente a ESTE de Minas mantén intercambios dentro do programa Erasmus ou de intercambio bilateral con máis de 20 universidades de toda Europa e Suramérica,[9][10] entre as que destacan:

Semana da Ciencia[editar | editar a fonte]

Termografía SC 2013.

A Secretaria de Estado de I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade, financia a través da FECYT unha serie de actividades para promover un contorno social máis propenso á ciencia e á innovación. Dentro deste programa, a Escola de Minas de Vigo organiza anualmente dende 2007 unha Semana da Ciencia.[11]

As experiencias organizadas están dirixidas principalmente a estudantes de ensinanza media e bacharelato.[12][13] Os contidos teñen relación directa cos laboratorios de investigación da escola, que en gran medida tratan temas sobre enerxía, os novos materiais e o medio ambiente. As accións divídense en diversos módulos de aprendizaxe, nos cales a través das actividades manipulativas se fomenta o interese pola ciencia e a tecnoloxía. Dende este punto de vista, o evento toma como modelo os museos interactivos, aproveitando a dispoñibilidade de persoal cualificado para as explicacións, o que favorece a aprendizaxe formal. Todo isto, acompañado de medios audiovisuais adecuados e textos de lectura sinxela e breve fai que, ao finalizar, o estudante adquira unha visión máis real das investigacións levadas a cabo na universidade, así como unha mellor información dos procesos científico-tecnolóxicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Como chegar". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2014. 
  2. "20 Aniversario de la ETSE de Minas". Atlántico Diario. 23 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2014. 
  3. "BOE 1393/2007" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  4. "RD 861/2010" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  5. "BOE Ingeniero de Minas LRU" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  6. "BOE Grado en Ingeniería de los Recursos Mineros y Energéticos de Vigo" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  7. "BOE Grado en Ingeniería de la Energía de Vigo" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  8. "BOE Ingeniero de Minas" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  9. "Acordos internacionais ETSE de Minas". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2014. 
  10. "Importancia movilidad América Latina". Faro de Vigo, 23 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2014. 
  11. "Semana de la Ciencia web FECYT". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2014. 
  12. "Semana de la Ciencia ETSE de Minas 2008". La Voz de Galicia, 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2014. 
  13. "Semana de la Ciencia ETSE de Minas 2012". Faro de Vigo, 9 de novembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]