Lingua karakalpak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karakalpak
Qaraqalpaq tili, Қарақалпақ тили
Falado en: Uzbekistán, Afganistán, Casaquistán e Rusia
Rexións: Karakalpaquistán
Total de falantes: 410 000 (1993)
Familia: Linguas turcas
 Linguas kipchak
  Kipchak-nogai
   Karakalpak
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: kaa
ISO 639-3: kaa
Mapa

O karakalpak en vermello.
Status

O karakalpak está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua karakalpak[2] (Qaraqalpaq tili en alfabeto latino, Қарақалпақ тили en cirílico) é unha lingua turca falada polos karakalpak en Karakalpaquistán, Uzbekistán. O karakalpak é membro da póla kipchak das linguas turcas, que inclúe o tártaro, o kumyk, o nogai e o casaco. Por mor da súa proximidade co uzbeko, moito do vocabulario e da gramática están influídos por esta lingua. Ó igual que a maioría das linguas turcas, o karakalpak ten harmonía vocálica, é aglutinante e non ten xénero gramatical. A orde das palabras adoita ser suxeito-verbo-obxecto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de karakalpak no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]