Ernest Mandel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernest Mandel
AlcumePierre Gousset, Germain, Ernest Germain e Henri Vallin
Nacemento5 de abril de 1923
Lugar de nacementoFrankfurt
Falecemento20 de xullo de 1995
Lugar de falecementoBruxelas-Capital
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeBélxica
Ocupacióneconomista, profesor universitario, xornalista, escritor, membro da resistencia, filósofo, político e mestre
Na rede
IMDB: nm2663203 iTunes: 433080266 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ernest Ezra Mandel (tamén coñecido polos seus pseudónimos Ernest Germain, Pierre Gousset, Henri Vallin ou Walter) foi un economista e político alemán nado en Frankfurt en 1923 e finado en Bruxelas o 20 de xullo de 1995. Os seus pais eran xudeus de Polonia que emigraron a Alemaña e logo a Bélxica. Durante a segunda guerra mundial foi encerrado na prisión de Saint-Gilles e destinado á deportación cara a Auschwitz, pero conseguiu escaparse. Foi dirixente do Secretariado Unificado da Cuarta Internacional, de tendencia trotskista. Especializouse no estudo das crises cíclicas.

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras atópanse:

  • Tratado de economía marxista (1962) Amadora, Bertrand.
  • A formación do pensamento económico de Karl Marx. Madrid: Siglo XXI Editores, 1967. ISBN 84-323-0133-7
  • Resposta socialista ao desafío americano. Editorial Nova Terra, 1968/1970.
  • Leccións de Maio do 68. A Habana: Instituto do Libro, Editorial de Ciencias Sociales, 1969.
  • O fascismo. Ediciones Akal, 1969/1987. ISBN 84-7600-256-4
  • Consellos obreiros, control obreiro e autoxestión (antoloxía). Santiago de Chile: Ediciones Carlos Mariátegui, 1969/1972.
  • Construír o partido. Bos Aires: Shapire Editor, 1972/1974.
  • O capitalismo tardío. México: Ediciones Era, 1972/1979. ISBN 968-411-009-0
  • A recesión xeneralizada. México: Editorial Transición, 1974/1979.
  • As ondas longas do desenvolvemento capitalista: unha interpretación marxista. Madrid: Século XXI Editores, 1980/1986. ISBN 84-323-0558-3
  • A crise 1974-1980. México: Edicións Era, 1980.
  • O poder e o diñeiro. Madrid: Século XXI Editores. ISBN 968-23-1921-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]