Saltar ao contido

René Clair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRené Clair

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1981 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNeuilly-sur-Seine Old Communal Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
20º Cadeira 19 da Academia Francesa (pt) Traducir
16 de xuño de 1960 – 15 de marzo de 1981
← Fernand Gregh (pt) TraducirPierre Moinot →
Q3473988 Traducir
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Ingrid BergmanJeanne Moreau → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Lycée Montaigne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, montador, actor de cinema, cineasta, escritor, produtor de cinema, xornalista, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBronia Clair (1928–1981) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Клер Рене)
UbuWeb (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0163229 Allocine: 62 Allmovie: p85111 TCM: 34672 IBDB: 14431
BNE: XX1306759 Musicbrainz: 65657663-e81b-4a21-ab69-520bc4b2db7f Discogs: 699326 Find a Grave: 7719741 Editar o valor en Wikidata

René-Lucien Chomette, nado en París o 11 de novembro de 1898 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena, Illa de Francia) o 15 de marzo de 1981 foi un director de cinema francés, coñecido como René Clair.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu e medrou no distrito de Les Halles, en París, fillo dun vendedor de xabón. En 1917, con dezasete foi condutor de ambulancias durante a primeira guerra mundial, antes de ser declarado inválido por unha ferida na espiña dorsal. As súas visións dos horrores da guerra quedaron plasmados no libro de poesía La Tête de l'homme, que non foi publicado. Trala guerra comezou a traballar como xornalista en L'Intransigeant.

Despois de coñecer a cantante de music-hall Damia e escribirlle cancións, invitouno a visitar os estudios Gaumont en 1920, onde se estaba a rodar un filme. Clair aceptou un papel protagonista en Le Lys de la vie entre outros. En 1922, converteuse en editor dun suplemento cinematográfico da revista Théâtre et Comœdia illustrés. Pouco despois traballou como axudante do director Jacques de Baroncelli.

En 1924 dirixiu o seu primeiro filme, Paris qui dort, e antes de ser exhibido Francis Picabia e Erik Satie pedíronlle que fixese unha curtametraxe para que fose amosado como parte do seu ballet dadaísta Relâche; así foi como creou Entr'acte e se converteu nun membro destacado da vangarda parisiense.

Aínda que inicialmente se amosou escéptico sobre o cinema sonoro, logo deuse de conta das súas posibilidades creativas, explorando as súas ideas en filmes como Sous les toits de Paris ou À nous la liberté. Tras varios éxitos comerciais foi contratado por Alexander Korda para traballar en Inglaterra, onde realizou tres filmes coa colaboración de Robert E. Sherwood como guionista debido as limitacións lingüísticas de Clair.

En 1940 Clair e a súa familia, xunto con Julien Duvivier marcharon aos Estados Unidos como parte dun plan do goberno de Francia para establecer un centro de produción francés no país. Porén, cando chegaron a Nova York o plan xa non existía e foi directamente a Hollywood, onde varios estudios estaban interesados en contratalo.

A súa primeira experiencia estadounidense, The Flame of New Orleans, estreouse en 1941, o mesmo ano que o goberno de Vichy lle retirou a cidadanía francesa, que logo lle foi devolta. O filme fracasou, non sendo igual os seus seguintes filmes rodados nos Estados Unidos, especialmente, And Then There Were None.

Volveu definitivamente a Francia en 1946, cun contrato da RKO para rodar un filme no país. Durante a década de 1950 as novas xeracións de críticos considerárono un dos grandes representantes do cinéma de qualité e en 1960 entrou na Académie française.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]