Serialismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O serialismo é unha técnica de composición musical xurdida no século XX que ten as súas orixes no dodecafonismo de Arnold Schönberg, aínda que abarca posibilidades creativas máis amplas.[1]

Diferenza co dodecafonismo[editar | editar a fonte]

A distinción fundamental entre o serialismo e o dodecafonismo estriba en que o principio serial pódese aplicar a varios parámetros musicais (ritmo, dinámica, timbre, etc.), e non só á altura das notas, como suxería a proposta dodecafónica orixinal.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

O serialismo pode caracterizarse segundo a cantidade de parámetros musicais aos que o compositor aplique o principio serial. O serialismo básico é o dodecafonismo, que comprende só o parámetro da altura das doce notas da escala cromática (o dodecafonismo tamén se denomina "técnica das doce notas" na bibliografía anglosaxoa). Os desenvolventos posteriores, sobre todo a partir da Segunda Guerra Mundial, buscaron o camiño cara a un serialismo integral, onde o principio serial rexera os demais parámetros musicais á parte da altura. Nalgunhas obras aplícase o principio serial tamén ao ritmo das notas, é dicir, ademais de tocar as notas da escala cromática en certa orde, engaden a cada unha das doce unha duración distinta. Outras obras inclúen o parámetro da dinámica e, en certos casos, o do timbre. Isto é, a cada unha das doce notas cunha duración distinta engádese unha intensidade sonora distinta (pianissimo, forte, mezzoforte, etc.) e un tipo de son distinto (a primeira nota sería tocada por un violín, a segunda por un piano, a terceira por un óboe, etc., aínda que algúns compositores prescinden deste último parámetro para que a peza poida ser interpretada por un só instrumento).[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alison Latham, coord. (2010): Diccionario enciclopédico de la música. México; Fondo de Cultura Económica. ISBN 979-60-7160-020-2.
  2. Paul Griffiths: en Stanley Sadie, ed. (1980): The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan, t. 17.
  3. Michael Randel, ed. (1997): Diccionario Harvard de música. Madrid: Alianza.
  4. Dizionario Ricordi della musica e dei musicisti. Milán; Ricordi, 1959.
  5. Enciclopedia Salvat de la música. Barcelona: Salvat, 1967, t. 4.
  6. O Dicionario Grove emprega na súa entrada sobre o serialismo as clasificacions "serialismo das doce notas", "serialismo de máis das doce notas ou menos", "serialismo rítmico" e "serialismo integral" (véase Paul Griffiths, op, cit.).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.