Eric Lenneberg
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de setembro de 1921 Düsseldorf, Alemaña |
| Morte | 31 de maio de 1975 White Plains, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade Harvard Universidade de Chicago |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Neurolingüística e psicoloxía cognitiva |
| Ocupación | psicólogo, lingüista, neurólogo |
| Empregador | Universidade de Míchigan (1967–) Universidade Cornell Universidade Harvard |
| Membro de | |
| Premios | |
Eric Heinz Lenneberg, nado en Düsseldorf en 1921 e finado en 1975, foi un lingüista alemán que introduciu algúns temas no estudo da adquisición da linguaxe e da psicoloxía cognitiva, e máis en xeral sobre o innatismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fuxiu aos Estados Unidos durante a época nazi, pois era xudeu. Foi profesor de psicoloxía e traballou na Facultade de Mecidina da Universidade Harvard e na Universidade de Míchigan en Ann Arbor.
O seu artigo A capacidade da adquisición da linguaxe (1964) introduce os argumentos seminais recollidos máis tarde por Noam Chomsky e popularizados por Steven Pinker no seu libro O instinto da linguaxe.
Lenneberg presenta catro argumentos para o innatismo biolóxico das capacidades psicolóxicas construídos en paralelo a argumentos biolóxicos a favor do innatismo dos riscos físicos:
- A aparición universal dun risco nun momento único en toda unha especie, que é un risco "típico da especie".
- Aparición universal no tempo para un grupo: non simplemente un artefacto de historia cultural, o que é, de novo, unha característica diagnosticada como "típica da especie".
- Non é posíbel aprender o risco.
- O desenvolvemento individual dun risco segue rixidamente un padrón dado, independentemente da experiencia particular do organismo.