Innatismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A gramática xenerativa afirma que a linguaxe humana repousa nunha capacidade innata, común a todos os seres humanos, que é activada por medio do proceso coñecido como adquisición da linguaxe.

Noam Chomsky, para quen a lingüística debería ser considerada como parte da psicoloxía, afirma que todos os seres humanos dispoñemos dun Dispositivo de Adquisición da Linguaxe determinado xeneticamente que contén os principios universais de todas as linguas. Este dispositivo actívase mediante a exposición a unha delas e o neno utiliza eses principios para adquirir a lingua natural concreta. Existe un período crítico após o cal resulta imposíbel aprender a falar.

A linguaxe aparece como unha aptitude exclusiva da especie humana (ao contrario da comunicación, que se dá nas demais). Esa aptitude localízase na parte posterior do hemisferio esquerdo do cerebro. A hipótese da natureza innata da linguaxe implica que: