Música new age

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Música new age
e
Orixe musicalelectrónica, ambient, folk, world, classical, krautrock, rock, easy listening, minimal, rock progresivo
Orixe culturalanos 60 e principios dos 70 en Europa e Estados Unidos
Subxéneros
space music, biomúsica, electrónica progresiva, new-age neoclásico, new-age andino
Xéneros de fusión
Celtic fusion

O new age é un xénero musical destinado a crear inspiración artística, relaxación e optimismo. Os oíntes utilízano para ioga, masaxes, meditación[1] e lectura como un método de manexo do estrés[2] para provocar un estado de éxtase en lugar de transo,[3][4] ou para crear unha atmosfera tranquila en fogares e outros ambientes. Ás veces asociase co ecoloxismo e a espiritualidade new age;[5][1] porén, moitos dos seus artistas non teñen nada que ver coa "espiritualidade new age", e algúns incluso rexeitan o termo.

A música new-age inclúe tanto formas acústicas, con instrumentos como frauta, piano, guitarra acústica e unha ampla variedade de instrumentos acústicos non occidentais, como formas electrónicas, confiando con frecuencia en pads de sintetizadores sostidos ou execucións longas baseadas en secuenciadores. Inicialmente os arranxos vocais eran raros no xénero, pero a medida que este evolucionapa estes fixéronse máis habituais, especialmente aqueles que presentan cantos de nativos americanos, sánscritos ou tibetano, ou letras baseadas en mitoloxía como por exemplo lendas celtas.[6][7][8][9]

No hai unha definición exacta de música new-age.[7] Un artigo na revista Billboard de 1987 comentaba que "a música New Age pode ser a música non definida máis sorprendentemente exitosa que chegase á conciencia pública".[10] Moitos considérano un termo paraugas[11] para propósitos de márketing en vez dunha categoría musical,[8][12] e parte dunha complexa tendencia cultural.[13]

A música new age estivo influenciada por unha ampla variedade de artistas de diversos xéneros. O álbum de Tony Scott Music for Zen Meditation (1964) está considerado a primeira gravación new age.[12][14] Paul Horn (comezando co Inside de 1968) foi un dos predecesores máis importantes.[15] A serie de álbums de Irv Teibel Environments (1969-1979) contaba con paisaxes sonoros da natureza, tintineos, e cantos "Om" e foi unha das primeiras gravacións psicoacústicas públicas.[16] Spectrum Suite (1975) de Steven Halpern foiun traballo clave que comezou o movemento da música new age.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "New Age Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-01. 
  2. Principles and practice of stress management (3rd ed ed.). New York: Guilford Press. 2007. ISBN 978-1-59385-000-5. OCLC 144770991. 
  3. Marini 2003, p. 169
  4. Whittall 2003, p. 184
  5. Newport 1998, p. 475-483
  6. Newport 1998, p. 475-479
  7. 7,0 7,1 Hale e Payton 2000, p. 26
  8. 8,0 8,1 Shuker 2002, p. 212
  9. Pareles, Jon (1987-11-29). "POP VIEW; New-Age Music Booms, Softly". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-12-12. 
  10. Newport 1998, p. 476
  11. John Schaefer (decembro de 1985). "New Sounds". Spin. Vol. 1, no. 8. p. 63. ISSN 0886-3032.
  12. 12,0 12,1 Heckman, Don (1994-02-27). "TRENDS : New Age Enters a New Phase : Call it what you want, but the sound of Yanni and his similarly minded pals--not jazz, folk, rock or classical but an evolving mix of them all--is reaching far beyond its old image of ambient mood music". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2022-12-12. 
  13. Newport 1998, p. 476, 478
  14. "Roots of Space". Hearts of Space. Season 7. Episodio 200. 1989-07-14.
  15. Wager, Gregg (1988-12-02). "Artists Bring a Variety of Styles to New-Age Music". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2022-12-12. 
  16. "Irv Teibel Obituary - Austin, Texas - Weed-Corley-Fish Funeral Home North". wcfish.tributes.com (en inglés). Consultado o 2022-12-12. 
  17. "Steven Halpern - Spectrum Suite". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-12. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]