Enxeñaría aeroespacial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
ISS March 2009

A enxeñaría aeroespacial[1] é unha rama da enxeñaría que estuda as aeronaves; engloba os ámbitos da actual enxeñaría aeronáutica, relacionada co deseño de sistemas que voan na atmosfera e da enxeñaría espacial, entendendo por esta última aquela que se ocupa do deseño dos vehículos impulsores e dos artefactos que serán colocados no espazo. Mentres que a enxeñaría aeronáutica foi o termo orixinal, o termo máis amplo "aeroespacial" substituíuno no uso.

Enxeñaría aeronáutica[editar | editar a fonte]

A enxeñaría aeronáutica consiste na aplicación da tecnoloxía ao deseño, construción ou fabricación e a utilización de artefactos capaces de voar ou aerodinos —principalmente avións ou aeronaves, mísiles e equipos espaciais— e nos aspectos técnicos e científicos da navegación aérea e os instrumentos dos cales se serve esta.

A enxeñaría aeronáutica ocúpase de deseñar e construír as aeroestruturas dos avións e helicópteros tomando en consideración as leis da aerodinámica, os fundamentos da mecánica de fluídos e a enxeñaría estrutural.[2] Ademais encárganse da integración dos elementos motores (alternativos, turboventiladores, turborreactores e turboeixos) nas aeroestruturas para construír a aeronave. Outros campos de actividade dos enxeñeiros aeronáuticos son a construción de aeroportos, o deseño e operación de redes de transporte aeronáutico e a fabricación de equipos e materiais especiais como armamento, satélites ou foguetes espaciais.

Profesión[editar | editar a fonte]

Aeronave.

Un enxeñeiro aeroespacial encárgase de calcular, deseñar, proxectar, optimizar e modificar equipos e sistemas mecánicos utilizados pola industria aeronáutica e espacial, incluídos os seus procesos de produción ou manufactura, ademais de avaliar, planificar, dirixir, optimizar e executar proxectos de enxeñaría nun contexto multidisciplinario.

Algúns dos elementos que lle competen a esta carreira son:

  • Enxeñaría mecánica: estuda os procesos de fabricacións, mantementos e deseño de aeronaves.
  • Astrodinámica: é a ciencia que estuda o comportamento dos obxectos, naturais e artificiais, no espazo.
  • Aerodinámica: é o estudo do movemento de fluídos ao redor das ás ou outros obxectos, ou a través de túneles de vento (véxase tamén sustentación e aeronáutica)
  • Propulsión: é a enerxía necesaria para trasladar un vehículo a través do aire, ou para o espazo exterior. É xerada por motores de combustión (usando diferentes mesturas de substancias como gasolina, osíxeno e hidróxeno) tanto a reacción como alternativos.
  • Estrutura: é o estudo do deseño da configuración física da nave para soportar as forzas atopadas no voo. Xeralmente búscase manter o peso máis lixeiro posible para obter un mellor rendemento.
  • Enxeñaría dos materiais: ocúpase dos materiais cos que se constrúen as estruturas aeroespaciais. Desenvolve novos materiais e modifica materiais existentes para adecuar as súas propiedades a unha aplicación específica.
  • Aeroelasticidade: a interacción de forzas aerodinámicas e flexibilidade estrutural, potencialmente causando axitacións, separacións, etc...
  • Informática: especificamente concirne ao deseño e programación de calquera sistema de computación a bordo dunha aeronave ou unha nave espacial e á simulación de sistemas.

O fundamento da maioría destes elementos está na matemática teórica como a dinámica de fluídos para a aerodinámica ou as ecuacións de movementos para a dinámica de voo. Pero tamén existe un gran compoñente empírico. Na historia, este compoñente empírico foi derivado das probas con modelos a escala e con prototipos, xa sexan en túneles de vento ou en atmosferas libres. Máis recentemente, os avances en computación permitiron o uso de dinámicas de fluído computarizados para simular o comportamento do fluído, reducindo tempo e gasto en probas no túnel de vento.

Ademais, a enxeñaría aeroespacial presta atención na integración de todos os compoñentes que constitúen un vehículo aeronáutico (subsistemas que inclúen o de poder, comunicacións, o de control térmico, mantemento de vida etcétera) e o seu ciclo de vida (deseño, temperatura, presión, radiación, velocidade e vida útil), así topándose con retos extraordinarios e solucións específicas do dominio de sistemas da enxeñaría aeroespacial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Enxeñaría.
  2. Stanzione, Kaydon Al (1989). "Engineering". Encyclopædia Britannica 18 (15 ed.). Chicago. pp. 563–563. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]