Astrodinámica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A mecánica orbital ou astrodinámica é a aplicación da balística e da mecánica celeste aos problemas prácticos relacionados co movemento de foguetes e outras naves espaciais. O movemento destes obxectos calcúlase normalmente a partir das leis de Newton do movemento e da lei da gravitación universal.[1] É unha disciplina central no deseño e control de misións espaciais. A mecánica celeste trata de forma máis ampla a dinámica orbital de sistemas baixo a influencia da gravidade, incluíndo as naves e corpos celestes naturais, como sistemas de estrelas, planetas, lúas e cometas. A mecánica orbital céntrase en traxectorias espaciais, incluíndo manobras orbitais, cambios de plano da órbita, e transferencias interplanetarias, e útilízase no desenvolvemento da misión para prever os resultados das manobras de propulsión. A relatividade xeral é unha teoría máis exacta que as Leis de Newton para o cálculo de órbitas, e ás veces é necesario para unha maior precisión ou en situacións de alta gravidade (como órbitas próximas ao Sol).

Historia[editar | editar a fonte]

Ata o aumento das viaxes espaciais no século XX, considerábanse poucas diferenzas entre a mecánica orbital e a mecánica celeste. Na época da Sputnik, o campo foi denominado 'dinámicas espaciais'.[2] As técnicas básicas, como as utilizadas para resolver o problema Kepleriano (determinación de posición como unha función de tempo), son, polo tanto, as mesmas en ambos campos. Ademais, os dous campos comparten case toda a mesma historia.

Johannes Kepler foi o primeiro en modelar correctamente órbitas planetarias cun alto grao de precisión, coa publicación das súas leis en 1605. Isaac Newton publicou leis máis xerais do movemento celeste no seu libro de 1687, Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abad Medina, Alberto. Astrodinámica. Bubok. ISBN 978-84-686-2857-8. 
  2. Thomson, William T. (1961). Introduction to Space Dynamics. New York: Wiley. 
  3. "Newton Papers : Philosophiæ naturalis principia mathematica". Cambridge Digital Library. Consultado o 2017-03-15. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.