Navegación aérea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A navegación aérea é o conxunto de técnicas e procedementos que permiten conducir eficientemente unha aeronave ao seu lugar de destino, asegurando a integridade dos tripulantes e pasaxeiros e dos que están en terra. A navegación aérea baséase na observación do ceo e o terreo e nos datos achegados polos instrumentos de voo.

O elemento responsable en terra da navegación aérea é o control de tráfico aéreo, apoiado na información proporcionada polos pilotos e polos sistemas de radar.

Métodos[editar | editar a fonte]

Existen varios métodos básicos que os navegantes e pilotos combinan para navegar eficazmente:

  • Navegación observada: baséase na observación directa por parte do navegante ou piloto das referencias necesarias no terreo para coñecer a posición da aeronave.
  • Navegación a estima: o piloto estima a posición actual, coñecidas a dirección e a velocidade respecto ao terreo.
  • Radionavegación ou navegación asistida por instrumentos: baséase na información proporcionada polos instrumentos de voo a bordo. Hai instrumentos autónomos, receptores de sinais de estacións terrestres, ou de satélites (GPS). Nos avións de liña modernos, o principal sistema de navegación é o VOR/DME, o VOR, o DME e o RNAV. Para voos transoceánicos ou para lugares onde non é posible instalar radioaxudas emprégase o INS (sistema de navegación inercial), extraordinario dispositivo que unha vez establecida a posición xeográfica de partida da aeronave, localízaa instantaneamente en calquera punto da terra. O seu funcionamento é moi sinxelo: sabendo as aceleracións nos tres eixo (x, y, z) intégrase dúas veces e atópase a velocidade e a posición, respectivamente, aínda que esta ten un erro sistemático acumulativo de arredor de 1MN/h. Non depende de ningún tipo de instalación exterior ao avión, sendo o único medio autónomo de navegación que se coñece. Existe desde hai décadas, e aínda que os aparellos actualizáronse enormemente, o principio básico de funcionamento (as forzas que actúan sobre o avión e os seus resultantes) é o mesmo.
  • Outros métodos: Navegación aérea astronómica, que na aviación moderna está en desuso.

Regras[editar | editar a fonte]

Dependendo das condicións mínimas de visibilidade, distancia ás nubes, e do tipo de espazo aéreo atravesado existen dous conxuntos de regras de obrigado cumprimento: as Regras de voo visual ou VFR (necesitando visibilidade maior de 5NM ou 8 Km. e teito de nubes por riba dos 1500m.) e as Regras de voo instrumental ou IFR, que opera mediante instrumentos. Os avións de liña, por razóns de seguridade, operan soamente baixo as regras de voo instrumental, independentemente das condicións meteorolóxicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]