Saltar ao contido

Elefante asiático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elephas maximus»)
Elefante asiático
Elephas maximus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
E. maximus Editar o valor en Wikidata
 Sinonimia
Elephas asiaticus Blumenbach, 1797

Elephas indicus Cuvier, 1798

Elephas sumatranus Temminck, 1847
Características
 Duración máxima de vida
65.5 AA Editar o valor en Wikidata
 Ciclo diurno
 Cor
 Período de xestación
22 MM Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
1 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Hábitat
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeProboscidea
FamiliaElephantidae
XéneroElephas
EspecieE. maximus
Datas
 Data de comezo
hai 2.500.000 anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/021c5h Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778784093 Editar o valor en Wikidata
ITIS584938 Editar o valor en Wikidata
OTT541928 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O elefante asiático[1] (Elephas maximus) é o mamífero terrestre máis grande que se pode atopar na actualidade en Asia.[2] A súa distribución orixinal estendíase dende o sur da China e Indonesia occidental, até as costas do golfo Pérsico e o sur de Mesopotamia, de onde desapareceu xa no Neolítico. Hoxe podémolo atopar polas terras de Sri Lanka, sur e nordés da India, Bangladesh, Indochina, Malaca, Sumatra e nordeste de Borneo; tanto en estado salvaxe como domesticado, e é moi frecuente en zoos e circos. Está considerada como unha especie en perigo de extinción.

Domesticación e relación co home

[editar | editar a fonte]
Adestramento de elefantes en Tailandia.
Elefantes nun zoolóxico do Brasil.

O elefante indio foi domesticado dende tempos moi antigos no sueste asiático coa fin de levar cargas, axudar na construción (normalmente cargando e erguendo vigas) ou transportar persoas. En tempos de guerra usouse tamén para levar armas e pezas de artillaría (cousa que se fixo ata o século XX) e combater, dotándoo a miúdo de armadura e poñéndolle pinchos nas patas e "espadas" nos cairos, así como cargando arqueiros sobre o lombo. Os elefantes asiáticos formaron parte das tropas de Ciro o Grande, Alexandre o Grande e Pirro de Epiro, entre outros reis da antigüidade. Na actualidade, son os reis dos espectáculos circenses e unha das atraccións turísticas máis solicitadas no sueste asiático, onde cargan ós visitantes en expedicións pola selva.

Unha elefanta asiática nun zoolóxico (en cativerio).

Os elefantes reprodúcense rara vez en catividade, polo que a gran maioría dos individuos domésticos foron capturados xa adultos en estado salvaxe. O método tradicional para facelo é o kedah, de orixe india, no que os homes rodean unha manda e vana empurrando cara a un curro de madeira onde separan os individuos máis interesantes e devolven o resto á selva. Os individuos escollidos son encadeados a unha árbore e illados mentres se habitúan á xente. Uns días despois reciben a visita do cornaca ou mahout, sentado inicialmente sobre outro elefante domesticado, que comeza o seu adestramento. Logo dun tempo, permiten mahout sentar sobre o seu lombo cando xa son totalmente mansos.

Debuxo tailandés do século XIX onde se representa ó rei usando un elefante branco como montura.

Pola súa utilidade dende tempos antigos, os elefantes indios son profundamente respectados en Oriente e forman a miúdo parte dos relatos relixiosos. Así, por exemplo, o deus Ganesh do hinduísmo ten testa de elefante; no budismo, os elefantes brancos son sagrados porque a nai de Buda, Maya, quedou embarazada del logo de soñar que un elefante albino se introducía no seu ventre. Este respecto viuse acrecentado polo feito de que os elefantes indios poden captar infrasóns e vibracións do chan, o que lles permite alertar dun dos frecuentes tremores de terra que se abaten sobre a súa zona de distribución antes de que os humanos sospeiten sequera que vaia a producirse.

Os elefantes indios son cazados por furtivos moito máis raramente que os elefantes africanos, pois a facilidade coa que se capturan individuos salvaxes vivos (ós que se adoita cortar os cairos) fan que o seu marfil non sexa un ben excesivamente difícil de conseguir. De todos xeitos, a destrución do seu hábitat natural para deixar paso á agricultura e o feito de que os animais domesticados case non se reproducen situaron á especie igualmente ó bordo da desaparición.

Subespecies

[editar | editar a fonte]
Manda de elefantes de Sri Lanka.

Actualmente, diferéncianse catro subespecies de elefantes asiáticos:

Wilson & Reeder[3] non recoñecen ós elefantes de Borneo como subespecie e considéranos como elefantes indios. É probábel que as poboacións presentes en Oriente Próximo e a China, as que xa foron extintas, pertencesen a subespecies diferentes ás enriba mencionadas. A primeira era de gran tamaño, máis grande que a subespecie existente de Sri Lanka, segundo fontes clásicas, desaparecido no ano 100 a. C. En canto á subespecie chinesa, denomínase Elephas maximus rubridens e é descrito en fontes chinesas como de cor moi escura e molares dunha cor lixeiramente rosada. Extinguiuse no século XV.

  1. Definición de elefante, -ta no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Shoshani, J, Eisenberg, J. F.; Eisenberg (1982). "Elephas maximus" (PDF). Mammalian Species 182 (182). pp. 1–8. JSTOR 3504045. doi:10.2307/3504045. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 03 de abril de 2015. 
  3. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2013.