Jordi Sevilla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de marzo de 1956 Valencia |
| 27 de marzo de 2008 – 1 de setembro de 2009 – Susana Ros (en) Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Castellón Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
| 30 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Castellón Electo en: eleccións xerais de España de 2004 | |
| 27 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Castellón Electo en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Valencia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, economista |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
| Premios | |
Jordi Sevilla Segura, nado en Valencia o 19 de marzo de 1956, é un político español membro do PSOE e economista, foi Ministro de Administracións Públicas do Goberno de España (2004-2007).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Valencia, é funcionario por oposición, pertence ao Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado. Ademais está casado e ten tres fillos.
Entre 1985 e 1991 foi asesor de Relacións Económicas Internacionais do gabinete da Presidencia do Goberno. De 1991 a 1993 foi Xefe do gabinete do Ministro de Agricultura. De 1993 a 2000 Director do gabinete do Ministro de Economía e Facenda.
Entre 1998 e 2000 foi asesor do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso. Desde marzo de 2000 foi deputado no Congreso pola provincia de Castelló e desde xullo de 2000 Secretario de Política Económica e Ocupación da Comisión Executiva Federal do PSOE.
O 18 de abril de 2004, coa vitoria do partido socialista nas eleccións xerais, foi nomeado Ministro de Administracións Públicas. O 6 de xullo de 2007 foi relevado do cargo de Ministro de Administracións Públicas, sendo substituído pola anterior titular do Ministerio de Sanidade, Elena Salgado.
Obra
[editar | editar a fonte]- Balance y perspectivas de las relaciones Norte-Sur (1993)
- La economía española ante la moneda única (1997)
- De nuevo socialismo (2002)
Publicou dúas novelas negras: La joven de la foto (2009) e El valle de los olvidos (2011), as dúas protagonizadas polo detective Ricki Trullos.
| Predecesor: Julia García-Valdecasas |
Ministro de Administracións Públicas de España 2004 - 2007 |
Sucesor: Elena Salgado |