Bernat Soria
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1951 Carlet |
| 24 de marzo de 2008 – 7 de novembro de 2009 – Vicenta Tortosa Urrea (en) Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
| Ministro | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Valencia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid Sevilla |
| Ocupación | médico, político, profesor universitario |
| Empregador | comerciante (2020–) emprendedor (2018–) comerciante (2015–) emprendedor (1999–) Universidade de Anglia do Leste Universidad Pablo de Olavide Centro Andaluz de Biología Molecular y Medicina Regenerativa (en) Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (en) |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
| Premios | |
Bernat Soria Escoms, nado en Carlet, Valencia, en 1951, é un biofísico e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en medicina pola Universidade de Valencia, foi Coordinador da área de Fisioloxía (3B) da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), catedrático da fisioloxía da Universidade Miguel Hernández de Elx e director do seu instituto de bioenxeñería entre 1997 e 2005. Actualmente é o coordinador da Rede Europea de Células Nai Embrionarias, ademais de catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide e director do Centro Andaluz de Biología Molecular y Medicina Regenerativa (CABIMER) de Sevilla, e está considerado como un dos principais expertos mundiais na investigación con células nai. En 2005 recibiu o Premio Galien ao Mellor Labor Investigador.
O 6 de xullo de 2007 foi nomeado Ministro de Sanidade e Consumo en substitución de Elena Salgado.
Outros datos persoais
[editar | editar a fonte]- É socio de Acción Cultural do País Valenciano.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernat Soria |
| Predecesor: Elena Salgado |
Ministro de Sanidade e Consumo 2007 - 2009 |
Sucesor: Trinidad Jiménez |