Saltar ao contido

Elena Fatalibekova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElena Fatalibekova

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia
Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1965)
Mestra Internacional Femenina (1970)
Gran Mestra Feminina (1977) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.317 (2003)<
Identificador FIDE4106792 Editar o valor en Wikidata
Participou en
1994Women's Chess Olympiad 1994 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Elena Abramovna Fatalibekova (ruso: Елена Абрамовна Фаталибекова, de nacemento Rubtsova) nada en Moscova o 4 de outubro de 1947, é unha xadrecista rusa, Gran Mestra Feminina (WGM) dende 1977.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É filla da catro veces campioa mundial feminina Olga Rubtsova. O seu primeiro grande éxito foi a vitoria compartida do Campionato Feminino Junior da URSS en 1963.[1]

En 1970 Fatalibekova quedou segunda nun torneo internacional feminino en Tbilisi e o ano seguinte gañou un torneo internacional en Cheliabinsk. Recibiu o título de Mestra Internacional Feminina en 1970. En 1974 Fatalibekova gañou o Campionato Feminino da URSS.

En 1976 gañou o Interzonal Feminino de Tbilisi (por diante de Maia Chiburdanidze).[2] En Sochi 1977 Fatalibekova venceu na primeira rolda a Valentina Kozlovskaia por 6-2 (+4 −0 =4), mais perdeu na semifinal ante Alla Kushnir en Berlín Occidental por 3½-6½ (+2 −5 =3).[3] Recibiu o título de Gran Mestra Feminina en 1977.

Fatalibekova non puido repetir ese éxito en posteriores edicións. En 1979 ficou 6ª no Interzonal Feminino en Alacant.[4] En 1982 obtivo o 8º posto no Interzonal Feminino en Bad Kissingen.[5]

En 1994 Fatalibekova competiu na 31ª Olimpíada de Xadrez co equipo feminino ruso, con xogadoras como Irina Kriukova, Galina Strutinskaia e Tatiana Roschina.[6] Gañou en tres ocasións o Mundial Sénior de Xadrez Feminino (2000, 2001 e 2004) e en dúas ocasións o Campionato Europeo Sénior de Xadrez Feminino (2007 e 2008).[7]