Alla Kushnir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlla Kushnir

(1973) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 2013 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Tel Aviv, Israel Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIsrael
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Universidade de Tel Aviv Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxadrecista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tel Aviv Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Israel Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Femenina (1962)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.430 (2013)<
Participou en
1976Women's Chess Olympiad 1976 (en) Traducir
1972Women's Chess Olympiad 1972 (en) Traducir
1969Olimpíada de xadrez para mulheres de 1969 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Alla Shulimovna Kushnir (hebreo: אלה שולימובנה קושניר; ruso: Алла Шулимовна Кушнир), nada en Moscova o 11 de agosto de 1941 e finada en Tel Aviv o 2 de agosto de 2013, foi unha xadrecista israelí. Emigrou da URSS a Israel en 1974. A FIDE outorgoulle os títulos de Mestra Internacional Feminina en 1962 e Gran Mestra Feminina en 1976.[1] En 2017 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kushnir foi tres veces seguidas campioa do Mundial Feminino de Xadrez. Perdeu a loita polo título ante Nona Gaprindashvili:

No Torneo de Candidatos de 1964 en Sukhumi empatou nos tres primeiros postos con Milunka Lazarević e Tatiana Zatulovskaia. Gañou en Beberjik en 1967, así como o Torneo de Candidatos dese ano en Subotica, e foi subcampioa en Belgrado en 1968. Empatou con Nikolau polo 1º e o 2º posto en Sinaia en 1969, e con Vobralova polo 2º e o 3º posto en Wijk aan Zee en 1971. Volveu gañar en Belgrado e en Moscova en 1971 e en Vrnjačka Banja en 1973, ficou en 3º lugar en Voronezh en 1973 (detrás de Zatulovskaia e Saunina), e gañou o Interzonal de 1976 en Roosendaal xunto con Akhmilovskaia.

Kushnir gañou tres veces as Olimpíadas de Xadrez Feminino. En Lublin 1969[3] e en Skopje 1972[4] fíxoo como membro do equipo soviético, e en ambas ocasións obtivo os mellores resultados da 2ª rolda. En Haifa 1976 gañou como xogadora do equipo israelí, co mellor resultado da 1ª rolda.[5]

Finou en 2013 en Tel Aviv, nove días antes de facer os 72 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kushnir, Alla FIDE Chess Profile". FIDE (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  2. "Alla Kushnir". World Chess Hall of Fame (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  3. "4th Women's Chess Olympiad: Lublin 1969". OlimpBase (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  4. "5th Women's Chess Olympiad: Skopje 1972". OlimpBase (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  5. "7th Women's Chess Olympiad: Haifa 1976". OlimpBase (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]