Saltar ao contido

Olga Rubtsova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlga Rubtsova

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) О́льга Никола́евна Рубцо́ва Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1909 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de decembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vvedenskoye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica Estatal Bauman de Moscova Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia (1991–)
Unión Soviética (–1991) Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Femenina (1950)
Woman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1950)
Mestre Internacional (1956)
Lady International Correspondence Chess Master (en) Traducir (1972)
International Correspondence Chess Master (en) Traducir (1972)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1957Olimpíada de xadrez para mulheres de 1957 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata

Olga Nikolaevna Rubtsova (ruso: О́льга Никола́евна Рубцо́ва), nada en Moscova o 20 de agosto de 1909 e finada na mesma cidade o 13 de decembro de 1994, foi unha xadrecista soviética e a cuarta Campioa Mundial de xadrez. En 2015 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rubtsova gañou o Campionato Feminino de Xadrez da URSS en catro ocasións (1927, 1931, 1937 e 1948). Foi subcampioa do Mundial Feminino de Xadrez de 1949–50, só un punto por detrás de Liudmila Rudenko. Logrou o título en 1956, mais perdeuno ante Bikova en 1958.

Rubtsova na 1ª Olimpíada feminina de Xadrez en Emmen (1957)

En 1957 Rubtsova participou na 1ª Olimpíada Feminina de Xadrez en Emmen (Países Baixos) como membro do equipo da URSS, xunto con Kira Zvorikina. A URSS gañou a medalla de ouro.

A FIDE outorgoulle os títulos de Mestra Internacional Feminina (1950), Mestre Internacional (1956) e Gran Mestra Feminina (1976).[2] En 1952 foi nomeada Mestra Honoraria de Deportes da URSS.[3]

Rubtsova tamén foi xadrecista por correspondencia. En 1972 converteuse na primeira campioa mundial nesta modalidade. Acabou en segundo lugar o ano seguinte, perdendo o título no desempate ante Lora Iakovleva, e quinta un ano despois. É a única xadrecista que logrou tanto o título mundial de xadrez sobre o taboleiro como por correspondencia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Rubtsova graduouse na Universidade Técnica Estatal Bauman de Moscova. Recibiu a Bandeira Vermella do Traballo.[4] O seu primeiro marido, o mestre xadrecista Isaak Mazel, finou de tifo en 1945. Posteriormente casou con Abram Poliak, tamén mestre de xadrez e o seu adestrador. Rubtova tivo cinco fillos: Igor (1931), Galia (1936), Iasha (1938), Misha (1945) e Lena (1947), tamén xadrecista.

  1. "Olga Rubtsova". World Chess Hall of Fame (en inglés). 
  2. Di Felice, Gino (2017). Chess International Titleholders, 1950-2016 (en inglés). McFarland. p. 279. ISBN 9781476671321. 
  3. "Рабинович" (en ruso). 
  4. "Статьи по разделам". e3e5 (en ruso).