Maia Chiburdanidze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaia Chiburdanidze

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ka) მაია ჩიბურდანიძე Editar o valor em Wikidata
17 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Kutaisi Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXeorxia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónTbilisi State Medical University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xeorxiana e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaXeorxia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1974)
Mestra Internacional Femenina (1974)
Gran Mestra Feminina (1977)
Mestre Internacional (1978)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1984) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.560 (1988)<
Identificador FIDE13600036 Editar o valor em Wikidata
Participou en
2008Women's Chess Olympiad 2008 (en) Traducir
2004Women's Chess Olympiad 2004 (en) Traducir
2002Women's Chess Olympiad 2002 (en) Traducir
2000Women's Chess Olympiad 2000 (en) Traducir
1998Women's Chess Olympiad 1998 (en) Traducir
1996Women's Chess Olympiad 1996 (en) Traducir
1994Women's Chess Olympiad 1994 (en) Traducir
1992Women's Chess Olympiad 1992 (en) Traducir
1990Women's Chess Olympiad 1990 (en) Traducir
1988Women's Chess Olympiad 1988 (en) Traducir
1986Women's Chess Olympiad 1986 (en) Traducir
1984Women's Chess Olympiad 1984 (en) Traducir
1982Women's Chess Olympiad 1982 (en) Traducir
1980Women's Chess Olympiad 1980 (en) Traducir
1978Women's Chess Olympiad 1978 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: GMChiburdanidze Editar o valor em Wikidata

Maia Chiburdanidze (en xeorxiano: მაია ჩიბურდანიძე), nada o 17 de xaneiro de 1961, é unha xadrecista xeorxiana. É a sexta campioa do Mundial Feminino de Xadrez, título que ostentou de 1978 a 1991. Foi, así mesmo, a máis nova en conseguilo até 2010, cando Hou Yifan superou dito récord. En 1984 converteuse na segunda muller en recibir o título de Gran Mestra Feminina da FIDE. Obtivo o ouro por equipos en nove Olimpiadas Femininas do Xadrez.[1]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Maia Chiburdanidze naceu en Kutaisi, RSS de Xeorxia, URSS, e comezou a xogar ao xadrez contra os oito anos. Foi campioa feminina moza da URSS en 1976 e o ano seguinte gañou o campionato feminino da URSS. En 1977 a FIDE outorgoulle o título de Gran Mestra Feminina.

Chiburdanidze debutou cunha vitoria rotunda no Torneo Internacional Feminino de 1974, en Braşov, con só 13 anos, e gañou de novo en Tbilisi en 1975. En 1976/1977 entrou no ciclo do Mundial Feminino de Xadrez.

O seu estilo de xogo é estábel, mais agresivo e ben fundamentado en principios clásicos. Ten influencias de Eduard Gufeld, un xogador soviético de elite quen foi o seu adestrador nos seus inicios.

Campioa Mundial Feminina (1978–1991)[editar | editar a fonte]

Chiburdanidze quedou segunda no Torneo Interzonal Feminino de 1976 en Tbilisi. Logrou así clasificarse para o campionato de 1977. Na final venceu a Alla Kushnir por 7½–6½ para organizar un partido a nivel mundial en Pitsunda contra Nona Gaprindashvili, daquela a campioa mundial feminina. Chiburdanidze derrotouna por 8½–6½ e converteuse na nova posuidora do título.

Defendeu o seu título catro veces. En 1981 mantívoo ao quedar en táboas 8–8 con Nana Alexandria en Borjomi/Tbilisi. Tres anos máis tarde gañoulle por 8½–5½ a Irina Levitina en Volgogrado. En 1986 bateu a Elena Donaldson-Akhmilovskaia en Sofía por 8½–5½. En 1988 venceu a Nana Ioseliani en Telavi por 8½–7½.

A FIDE outorgoulle a Chiburdanidze o título de Gran Mestra en 1984.[2] Foi a segunda muller, após Gaprindashvili, en recibir o título.

Perda do título[editar | editar a fonte]

Chiburdanidze en Heraklion (2007)

Chiburdanidze perdeu a súa coroa ante a moza chinesa Xie Jun en febreiro de 1991 en Manila por 8½–6½. Foi a terceira xadrecista que mantivo o título durante máis tempo, 14 anos, só por detrás da primeira campioa feminina, Vera Menchik, con 17 anos (dende 1927 até o seu pasamento en 1944) e de Gaprindashvili, con 16 anos.

Chiburdanidze tentou recuperar o título mundial. Porén, o auxe das xadrecistas chinesas e das irmás Polgár complicou os seus intentos. O seu mellor resultado desde 1991 foi a vitoria no Torneo de Candidatos de 1994 en Tilburg, onde perdeu no playoff ante Zsuzsa Polgár por 5½–1½.Posteriormente, malia non estar de acordo co formato de playoffs, xogou nos campionatos mundiais xa no século XXI. Logrou o pase á semifinal en 2001, mais perdeu ante a chinesa Zhu Chen. En 2004, Chiburdanidze chegou de novo á semifinal, mais caeu ante a búlgara Antoaneta Stefanova.

Outros logros no xadrez[editar | editar a fonte]

Chiburdanidze non considera extraordinaria a existencia do 'xadrez feminino', e arela o momento en que non sexan necesarios os torneos segregados.[3] Ten xogado en «torneos masculinos» en todo o mundo e os seus mellores resultados foron na década de 1980 e inicios dos 90. Gañou os torneos de Nova Deli (1984)[4] e Banja Luka (1985)[5] e quedou terceira en Bilbao (1987)[6] cun rendemento de 2616 puntos ante xogadores de elite. Ao mesmo tempo empatou nun xogo a 8 movementos[7] co Gran Mestre Internacional Petar Popović, quen tivo un rendemento de 2545 puntos. Na década seguinte gañou en Belgrado (1992),[8] Viena (1993)[9] e Lippstadt (1995,[10] 1996[11] e 1997).[12]

Foi unha membro chave do equipo da URSS que dominou as Olimpíadas femininas da década de 1980. Trala disolución da URSS e a independencia de Xeorxia en 1991, xogou no equipo nacional. Xeorxia gañou catro medallas de ouro en 1992, 1994, 1996 e 2008.

Tamén participou nos Campionato Europeo por Equipos de 1997, en que Xeorxia gañou a medalla de ouro, e no 1º torneo rápido intercontinental Europa vs Asia, celebrado en Batumi (Xeorxia) en setembro de 2001. Asia gañou na sección feminina por 21½–10½, en que Maia achegou 3½. Na Olimpíada de Dresde 2008 xogou para Xeorxia, que gañou a medalla de ouro. Ela tamén obtivo o ouro individual feminino, cunha puntuación de 2715 puntos de rendemento.[13]

Recoñecementos e referencias[editar | editar a fonte]

Chiburdanidze foi homenaxeada varias veces polo seu país e mesmo se deseñaron selos postais para conmemorar os seus logros axedrecísticos. En 1986 Mongolia emitiu un commemorative selo que ilustra unha posición nunha das súas partidas do Mundial de Volgogrado 1984 contra Irina Levitina. En 2014 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez.[14] É unha das mulleres do seu país que acadou a excelencia no xadrez. Contribuíu, amais, a manter o prestixio do deporte en Xeorxia.

En 2021 apareceu no documental Glory to the Queen xunto con Nana Alexandria, Nona Gaprindashvili, e Nana Ioseliani.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Só a superou a súa compatriota, Nona Gaprindashvili, con 11, segundo a OlimpBase Overall Statistics
  2. Gaige, Jeremy (1989). Chess Personalia: A Biobibliography (en inglés). McFarland & Co Inc. p. 70. ISBN 0786423536. 
  3. Starbuck, Wendy (xullo-agosto de 1987). "Who is Maya?". Rank & File (en inglés) 10 (4). 
  4. "New Delhi 1984". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  5. "Banja Luka 1985". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  6. "Bilbao 1987". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  7. "Subotica m 1986". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  8. "Belgrade 1992". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  9. "Women-Veterans 1993". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  10. "Lippstadt 1995". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  11. "Lippstadt 1996". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  12. "Lippstadt 1997". 365Chess.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  13. "38th Chess Olympiad 2008 Women". chess-results.com (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  14. "Maya Chiburdanidze". World Chess Hall of Fame (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  15. "Glory to the Queen (2020)". IMDb (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023.