Valentina Kozlovskaia
Valentina Kozlovskaia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de abril de 1938 |
Lugar de nacemento | Yessentuki |
Nacionalidade | Rusia e Unión Soviética |
Ocupación | xadrecista |
Cónxuxe | Igor Bondarevsky |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Valentina Iakovlevna Kozlovskaia (en ruso: Валенти́на Я́ковлевна Козло́вская), nada o 18 de abril de 1938 en Iessentuki (RSSF de Rusia), é unha xadrecista rusa. Campioa da URSS en 1965, gañou dous torneos interzonais e participou en tres Torneos de Candidatas, competicións previas ao Mundial Feminino de Xadrez. Foi nomeada Gran Mestra Feminina en 1977, o ano en que se creou o título. En 1996 gañou o Mundial Sénior. En 2014, con 76 anos, gañou o Campionato de Europa para maiores de 65.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aprendeu a xogar ao xadrez aos quince anos e tres anos despois gañou o campionato xuvenil feminino da URSS e o Campionato feminino da URSS en 1965. No Torneo de Candidatas de Subotica 1967 empatou no segundo lugar con Tatiana Zatulovskaia (12½-17) e cunha vitoria sobre a gañadora Alla Kushnir.
No Interzonal Feminino de 1971 quedou sexta (10½-17), co que non se clasificou para o Torneo de Candidatas. En 1973 gañou o Interzonal de Menorca (13½-19), por diante de Marta Litinskaia, Irina Levitina e Nana Alexandria, e clasificouse para o Torneo de Candidatas. En 1974 caeu nas semifinais de dito Torneo ante Levitina (5½-6½). En 1976 empatou con Alla Kushnir no Interzonal de Roosendaal (9½-13). En 1977 perdeu ante Elena Fatalibekova (2-6) nos cuartos de final do Torneo de Candidatas.
Olimpíada de Xadrez[editar | editar a fonte]
En 1966 Kozlovskaia xogou no segundo taboleiro coa URSS na Olimpíada de Xadrez Feminina na Habana. Gañou a medalla de ouro por equipos.[1]
Campioa do Mundo Sénior[editar | editar a fonte]

En 1996 Kozlovskaia gañou o Mundial Sénior de Xadrez Feminino, despois de levar a medalla de bronce o ano anterior. En 2000 e 2001 foi segunda e terceira, respectivamente.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Kozlovskaia, bioquímica de profesión, é viúva do Gran Mestre soviético Igor Bondarevski.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Valentina Kozlovskaya - Women's Chess Olympiads". OlimpBase (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2023.
- ↑ Sunnucks, Anne (1970). Encyclopaedia of Chess (en inglés). Robert Hale Ltd. p. 270. ISBN 9780709110309.