Partit Popular Català
Posición política
Cargo dirixente
Presidente/a
Secretario/a
Membros 23537 (2017)
Ingresos totais
1890841.97 €
(2016)
Fundación / creación
xaneiro de 1989
Wikidata C:Commons
O Partit Popular Català (ata 2012 Partit Popular de Catalunya ) é a federación do Partido Popular estatal en Cataluña . Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular . Con sede central na rúa Urgell de Barcelona , está presidido actualmente por Alícia Sánchez-Camacho . Anteriormente a formación estivo presidida por Alejo Vidal-Quadras Roca , Alberto Fernández Díaz , Josep Piqué e Daniel Sirera .
É actualmente a cuarta forza política no Parlamento de Cataluña . Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006 conseguiu o 10,64 por cento dos votos, o que lle asignou 14 escanos no parlamento. O seu mellor resultado foi en 1995, cando obtivo 17 representantes.
Recentemente mostrouse en contra do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006 , facendo campaña polo "Non" no Referendo estatutario que se celebrou o 18 de xuño de 2006 .
Cabezas de lista do PP en Cataluña para as eleccións xerais de 2008.
Deputados no Parlamento de Cataluña
Daniel Sirera , Dolors Montserrat , Carina Mejías , Josep Llobet , Rafael Luna , Rafael López , Joan Bertomeu , Enric Millo , Jordi Montanya , Àngels Olano , Belén Pajares , Santiago Rodríguez i Serra , Francesc Vendrell .
Deputados no Congreso
Dolors Nadal , Jorge Fernández , Jorge Moragas , José Luís Ayllón , Dolors Montserrat Montserrat , Antonio Gallego Burgos , Francesc Ricomà , Jose Ignacio Llorens Torres .